ESQUERDA UNIDA CELEBRA A RETIRADA DA ACUSACIÓN CONTRA DIEGO LORES

diegoloresEsquerda Unida de Vigo únese á celebración pola retirada da acusación que lle pedía ao activista Diego Lores tres anos de prisión e o pago de máis de 30.000 euros de indemnización por agredir supostamente a un axente de policía durante as mobilizacións de 2014 contra a instalación do barco Bernardo Alfageme na rotonda de Coia.

Ademais do apoio de diferentes movementos sociais e políticos, un centenar de veciñas e veciños se pecharon de forma solidaria na igrexa parroquial do Cristo da Vitoria, nun peche organizado pola Asemblea Aberta de Coia, como protesta polo xuízo ao que Diego Lores se ía enfrontar mañá.

Dende Esquerda Unida reiteramos a nosa alegría pola retirada da acusación contra Lores e recordamos que a mobilización social non é delito, senón unha folla de ruta a seguir.

Advertisements

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): O EMPECINAMENTO DE CABALLERO NA COLOCACIÓN DO BERNARDO ALFAGEME SO PODE SER ENTENDIDO DENDE A PREPOTENCIA DUN ALCALDE SEN LECTURA DA REALIDADE

bernardo-alfagemeEU PIDE QUE SE FAGA PÚBLICO O CUSTE DO TRASLADO E ONDE FIGURA O CONCURSO PÚBLICO DO CONTRATO DO MESMO.

O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que o traslado do barco fronte a un acordo plenario, amosa un comportamento antidemocrático e que roza o “delirio de grandeza” do alcalde.

EU pide que se explique públicamente como e cando se procedeu a contratar un traslado destas características, e o custe total de todo o proceso de instalación, dende a vixilancia do recinto, a reparación final do barco, a estructura metálica de soporte e o propio traslado.

ESQUERDA UNIDA sigue a defender que o barco e gran parte da memoria histórica pesqueira de Vigo ten que configurarse nun espacio do Museo do Mar, adicado a pesca e a industria transformadora que un día foi a carta de presentación da nosa cidade ante o mundo. Encallalo nunha rotonda, constitúe cando menos unha excentricidade costosa e inutil.

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A ESCALADA DE CRIMINALIZACIÓN DO MOVEMENTO VECIÑAL CONTRA O BARCO NA ROTONDA DE COIA

O coordinador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, asistirá mañá a concentración nos xulgados de Vigo en solidariedade con Xurxo ó que o fiscal pídelle dous anos e medio de cadea e máis de 1200 euros de indemnización pola súa participación nas concentracións contra a instalación do barco.

ESQUERDA UNIDA cree que a petición  da fiscalía é absolutamente desproporcionada, e considera  isto un ataque á expresión da cidadania, así como unha excusa para o alcalde, Abel Caballero, para  criminalizar o movemento veciñal e para impoñer a sua vontade;  incluso en contra do pleno do Concello de Vigo.

Esquerda Unida amosa a sua solidariedade con Xurxo, e chama a veciñanza de Vigo a acudir mañá 11 de febreiro as 09:30 nos Xulgados á Concentración convocada pola Asemblea Aberta de Coia.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA PROPIA DA “DEREITA RANCIA” A POLÍTICA DE PERSECUCIÓN E CRIMINALIZACIÓN DO ALCALDE DOS COLECTIVOS SOCIAIS QUE SE OPOÑEN Á ROTONDA DE COIA

coia1O coordinador local de EU considera pide a Policía Local que denuncie ante o comité de empresa e inspección de traballo o uso “paramilitar” que o alcalde pretende facer do corpo e considera que non deberían entrar no xogo de criminalización que pretende impoñer o goberno local.

EU denuncia as detencións arbitrarias e calculadas de activistas sociais do barrio que pretenden crear un clima de criminalización dos movementos sociais implicados na loita contra o despropósito da colocación do barco Bernardo Alfageme na rotonda.

Para EU, que estivo presente en moitos das concentracións que realizaron os veciños e veciñas de Coia, nin existe violencia por parte dos manifestantes nin as organizacións políticas actúan como instigantes de nada. Rubén Pérez considera que “EU, ANOVA, PODEMOS, O BNG, EQUO, OS VERDES, etc…. son organizacións que colectivamente suman moito espazo social e representativo nesta cidade e que entenden que teñen que estar donde os veciños e veciñas reclaman o seu apoio”.

Rubén Pérez suliña que quen ten que aclarar o procedemento de adxudicación da obra, a xustificación da mesma como mantemento e o uso da policia local como “tropa de asalto” é o alcalde que parece non entender que o corpo creouse para outros fins radicalmente diferentes dos que pretende empregar dende a Alcaldía.

EU considera perfectamente válida a proposta a ASAMBLEA DE COIA de someter a referendo a colocación do Bernardo Alfageme na rotonda “perfectamente dende o regulamento de participación cidadá, arbitrariamente adormecido por este goberno municipal, e perfectamente válida dende as máis básicas prácticas de democracia participativa que o PSOE di defender”.

%d bloggers like this: