MANIFESTO 8 MARZO DE 2014

8M2014

CONTRA O ATAQUE AOS NOSOS DEREITOS INSUBMISIÓN FEMINISTA

Asistimos a un dos momentos históricos de maior ataque aos dereitos das mulleres. A dereita ataca as bases da democracia, como a aspiración á que temos dereito o das as persoas, a da liberdade, a autonomía persoal, o acceso aos recursos e a igualdade entre todos os seres humanos.

Esta grave regresión maniféstase de modo categórico respecto aos dereitos humanos das mulleres, froito das posicións máis retrógradas do sistema patriarcal, que, coa escusa da crise económica, viu as posibilidades abertas para destruír o acadado.

 A retrógrada formulación sobre o dereito ao aborto e aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres que representa o anteproxecto da lei que defende o Goberno do Partido Popular, deixa ao descuberto a especial saña do emprego da política contra os dereitos das mulleres. O intento de forzar a maternidade ou que se aborte clandestina e perigosamente, é a expresión máis cruenta da consideración patriarcal, androcéntrica e misóxina do goberno e do seu Ministro de Xustiza.

A lista das normas segregadoras e sexistas, tanto a nivel estatal como autonómico, é abrasadora: a reforma laboral, a recente lei de educación, a lei de familia do goberno galego. Os recortes en sanidade e na asistencia a dependencia, a provisionalidade nos empregos, a privatización do público; son medidas que producen un impacto de xénero que se traduce no incremento da feminización da pobreza e a intensificación dos valores represores da autonomía das mulleres.

A materia de relixión na escola pública e a exclusión da educación sexual e reprodutiva dela, no é só consecuencia da inxerencia da xerarquía eclesiástica herdada do franquismo nas decisións gubernamentais, senón que pretende instaurar un modelo xa caduco, de mulleres obedientes e submisas.

Dende Esquerda Unida chamamos á insurrección e insubmisión feminista contra todo intento de volta ao pasado, contra todas aquelas decisións que pretendan manternos ás mulleres como seres subordinados, contra calquera tentativa de represión da nosa sexualidade e contra o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos e as nosas vidas.

Vídeo do acto sobre a reforma da lei do aborto en Vigo

8 DE MARZO: SEN IGUALDADE NON HAI DEMOCRACIA

8 marzo 2013

Desde os inicios do movemento feminista, as mulleres estamos a loitar por unha sociedade mellor que iguale en dereitos e oportunidades a todas as persoas. As mulleres fomos e seguimos sendo as impulsoras e promotoras de grandes cambios que contribuíron decididamente ao enriquecemento da democracia, de tal maneira que demostramos positivamente que sen nós, esta non existe.

Democracia significa que homes e mulleres dispomos das mesmas oportunidades e dereitos. Por iso nós reivindicamos a nosa incorporación activa e plena a todos aqueles ámbitos aos que aspiremos, e que nunca, polo feito de ser mulleres, nos estean vetados, porque consideramos que a paridade é consustancial coa democracia.

Democracia significa que mulleres e homes compartimos sen trabas nin vetos todo o tempo e todos os espazos. Por iso non deixamos de insistir en que ambos deben distribuírse equitativamente, de tal maneira que as responsabilidades sexan compartidas.

Democracia significa pleno emprego, de calidade, ben retribuido, sen discriminacións de ningún tipo. Por iso as mulleres feministas rexeitamos a Reforma Laboral que comezou o PSOE e que o PP concretou cunhas condicións case de escravitude e que prexudican gravemente ás mulleres.

Democracia significa que cada persoa é dona do seu corpo, das súas decisións e das súas posicións ante a vida. Por iso nós loitamos para que non nos obriguen a reproducir actitudes ou comportamentos prefixados, senón que poidamos ser autónomas e libres para dispor da nosa existencia. Por iso defenderemos decididamente que non se modifique de maneira restritiva o aborto, nin ningún dereito sexual e que non estamos dispostas a que a igrexa católica siga interferindo na vida das mulleres.

Democracia significa que as diferenzas, diversidades e opcións non marcan ningún tipo de exclusión ou discriminación. Por iso é polo que as mulleres non recuaremos no noso empeño de que se acaben dunha vez por todas, todos os comportamentos sexistas e patriarcales. Por iso desde Esquerda Unida defendemos unha sociedade que non consinta, nin permita, nin avale que as mulleres sigan sendo discriminadas nin explotadas en ningunha das súas formas.

Democracia significa que o respecto e a liberdade son valores irrenunciables. Por iso para nós a autonomía persoal e económica, a capacidade de movemento, de elección e o emprego, son dereitos que conforman o concepto de igualdade de xénero.

Democracia significa que o Estado atende a través dos servizos públicos, todas as necesidades da cidadanía. Por iso opoñémonos ás leis como a da dependencia que nos relega aos coidados, por iso rebelámonos ante todo tipo de involucións sociais que leven a que ás mulleres se nos arrebaten os dereitos conquistados.

Democracia significa erradicar das estruturas sociais todos os condicionantes, costumes ou formas culturais que discriminen ou exclúan. Por iso as mulleres feministas loitamos por unha sociedade na que homes e mulleres sexan iguais e onde a xustiza e a equidade sexan os cimentos fundamentais nos que se basee a política.

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Recortar en políticas de Igualdade é profundar na Violencia contra as Mulleres

A violencia contra as mulleres, a violencia sexista e machista, non só non ten tregua senón que, ademais, vaise adaptando aos novos tempos nos que, por desgraza, está atopando maior respaldo. Un dos peores males que pode padecer a sociedade, é a misoxinia e esta estase expandindo ás súas anchas. Os discursos que se escoitan desde todas as frontes políticas e institucionais, están dirixidos a opinar ou a emprender medidas que supostamente van solucionar a crise, sen que desde o goberno central, os autonómicos ou os locais, expóñase de forma decidida que entre o innegociable das súas políticas, debe atoparse a igualdade entre mulleres e homes e as políticas contra a violencia de xénero.

A nivel mundial as mulleres temos menores salarios en iguais traballos, dobres e triplas xornadas de traballo, feminización da pobreza, menos oportunidades, traballos provisionais, responsabilidade dos coidados, menores taxas de actividade, taxas ínfimas de representación, somos asasinadas por defender a educación das nenas, os burkas non caen, lapidan por defender a liberdade, úsase o ácido para reprimir a corporalidade, aumentan os feminicidios de mulleres novas e pobres, a explotación sexual de mulleres e nenas para a satisfacción de prostituidores e enriquecemento das mafias, así como o encarceramento por defender o feminismo laico e sen fronteiras,…

En España aínda se permiten declaracións de altos cargos que incitan á violación, ameazas de modificación regresiva da Lei de Aborto, sentenzas xudiciais a favor do acoso sexual, asasinatos que non paran, proteccións que non chegan, divorcios que non poden realizarse por falta de diñeiro, linguaxe institucional cada vez máis machista, programas televisivos que potencian a desigualdade, subvencións á educación segregada por sexos, continuar co desmantelamento que empezou o PSOE, e que continuou o PP, de organismos de igualdade, de recursos públicos, … Con quen se ten a débeda, só con bancos?

Desde EU ESIXIMOS que a violencia contra as mulleres debe ser eliminada definitivamente das nosas vidas e para iso, é necesario:

· que as mulleres teñamos o dereito a decidir sobre o noso corpo.
· que a violencia de xénero: malos tratos psíquicos, agresións físicas, violencia sexual,… non sexa invisibilizada, nin minimizada polas institucións e a sociedade.
· que as mulleres non sexamos acosadas laboral nin sexualmente.
· que as mulleres teñamos dereito á igualdade laboral: sen discriminación salarial e en igualdade de oportunidades e de dereitos.
· que a sociedade sexa paritaria nos mellores aspectos que a fundamentan e definen e que se recoñeza a débeda que a Historia ten contraída connosco.
· que o goberno central e os gobernos autonómicos e os concellos, centren os seus esforzos en consolidar a igualdade e a non violencia de xénero.

 

A concentración en Vigo será este Domingo 25 ás 12:00h na Farola de Príncipe.

VÍDEO ACTO PÚBLICO “AS CONSECUENCIAS DA CRISE ECONÓMICA PARA A SITUACIÓN SOCIOLABORAL DA MULLER”

EVA SOLLA (EU): AS CONSECUENCIAS DA CRISE CAPITALISTA TEÑEN UNHA FACIANA E UN XÉNERO: MOZA, MULLER E TRABALLADORA.

Eva Solla, nº 2 da candidatura de EU ao Congreso dos Deputados por Pontevedra,  considera que a crise capitalista ataca directamente as condicións de vida aparentemente consolidadas e entre os sectores máis vulnerables atópanse as mulleres, dentro delas o segmento de idades máis novas e asalariadas. 

Eva Solla lembra que a igualdade de homes e mulleres é un eixo fundamental da política de EU: 

1. Dereitos políticos, democracia paritaria e orzamentos participativos.

2. Dereitos sociais e económicos das mulleres.

3. Frenar a violencia de xénero e a exclusión social.

4. Dereitos sexuales e reprodutivos:

 – Creación dun Ministerio de Igualdade de Xénero/Muller.

– Modificación da Lei de Réxime Electoral General para garantir a paridade real nas listas electorais.

– Desenvolvemento efectivo de Orzamentos Participativos con Perspectiva de Xénero.

Erradicación da brecha salarial entre mulleres e homes.

– Construcción dunha rede de Servizos Públicos que posibiliten a conciliación da vida laboral e privada.

– Equiparación do Réxime das Empregadas de Fogar ao Réxime Xeral.

– Funcionamento real do Fondo de Pensións de Alimentos en parellas divorciadas.

– Desenvolmento de políticas activas contra a explotación sexual das mulleres e pola abolición da prostitución. É imprescindible a equiparación legal das vítimas de trata, tráfico e prostitución.

Prohibición dos anuncios e publicidade de prostitución, que converten á muller en mercadoría, facilitan a proliferación de mafias, reflicten unha imaxe degradante.

Despenalización total no Código Penal da Interrupción Voluntaria del Embarazo que garante su práctica en las 24 primeras semanas en la Sanidad Pública.

Educación sexual regrada.

– Os métodos anticonceptivos deben considerarse como produtos fundamentais para a saúde. De ahí que propoñamos a rebaixa do tipo de IVA (4%).

Control das axudas de Cooperación. Non financiando programas que fomenten a discriminación, afianzamento de roles ou segregación laboral.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO PIDE NO 28 DE SETEMBRO, DÍA INTERNACIONAL POLA DESPENALIZACIÓN DO ABORTO, QUE NON SE RETROCEDA EN DEREITOS DAS MULLERES AO ABORTO LIBRE E GRATUITO

Na aplicación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción voluntaria do Embarazo. Unha vez máis, os dereitos das mulleres están vulnerándose.

Para ESQUERDA UNIDA de Vigo en Galicia moitas mulleres siguen tendo dificultades este dereito como resultado dunha lei que deixou sen atar temas fundamentais e a pouca vontade política dos diferentes gobernos que participan no seu desenvolvemento.

Cada comunidade autónoma ten aplicado a lei segundo as súas necesidades, intereses e principios. Polo que cada goberno autónomo está a pór os obstáculos que quere para complicar o acceso das mulleres a unha interrupción voluntaria do embarazo. Para verse amenguados os dereitos que a lei confire ás mulleres no acceso, a gratuidade e a confidencialidade. ESQUERDA UNIDA rexeita a unha lei que recorta os dereitos que, en teoría, recoñecía, restrinxindo ao dereito a decidir das mulleres. A lei aprobouse sen asegurar a realización da interrupción voluntaria do embarazo (IVE) na rede da sanidade pública, sen garantir a equidade territorial, e sen regular o dereito á obxección de conciencia, minguando posibilidades de prestación nos centros sanitarios públicos.

A lei aprobouse mantendo o aborto no código penal e sen garantías no acceso ao aborto ás mulleres que exceden as 14 semanas de xestación, esixindo múltiples informes que prolongan un proceso duro xa para a muller, e que fan perigar a prestación, tendo en conta que se limita por un prazo de 22 semanas.

As mulleres enfrontámonos a gobernos autonómicos conservadores que atentan contra o dereito das mulleres a decidir sobre o noso corpo, pondo molestias á lei, abrindo canles para subvencionar organizacións anti-elección, atacando os dereitos xa conseguidos. Lembremos todos que o PP abanderou unha campaña regresiva en contra desta Lei, presentando un recurso de inconstitucionalidade á mesma.

%d bloggers like this: