MAREA DE VIGO PRESENTA AS EMENDAS Á LEI DE ÁREA METROPOLITANA DE VIGO.

Marea-Vigo-rubenMarea de Vigo trasladou hoxe ao grupo parlamentar de AGE unha serie de emendas ao proxecto de Lei de Área Metropolitana. O Grupo Parlamentar de AGE non presentou finalmente a solicitude de devolución que garantía o debate sobre as insuficiencias da lei, e no seu lugar presentou as emendas que se lle trasladan dende este Grupo Municipal e as que elaborou o propio Grupo Parlamentar.

As emendas da Marea de Vigo están feitas baixo a filosofía da recuperación dos servizos públicos actualmente privatizados, así como do control dos servizos concesionados, incluíndo nas mesmas as garantías de cumprimento dos pregos no caso das empresas adxudicatarias de tales servizos, tal e como sempre defendeu a Marea de Vigo. Transporte, RSU, a auga, son servizos que poden ser perfectamente asumidos directamente dende a Área Metropolitana e o Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que neste momento, co debate desta lei, ábrese a porta a cambios substanciais en materia de recuperación para a xestión pública directa.

Por outra banda, pídese artellar un estatuto de capitalidade para Vigo evitando o baleiro legal da declaración de capital semellante a capital provincial que expón o PSOE e que obrigaría a modificar a lei de bases de réxime local.pdf1

ACTO PÚBLICO: “CRISE HUMANITARIA ÁS PORTAS DE EUROPA”

cartaz refuxiadas VIGO

MAREA DE VIGO CUALIFICA DE “VERGOÑENTO E INDECENTE” O PAPEL DO ALCALDE DE VIGO ESTAS SEMANAS UNHA VEZ QUE O PROPIO PSOE PRESENTA UNHA EMENDA Á TOTALIDADE NO PARLAMENTO DE GALICIA AO PROXECTO DE LEI DE MEDIDAS EN MATERIA DE PROXECTOS PÚBLICOS DE URXENCIA CO CONTIDO DAS DEMANDAS DE MAREA DE VIGO.

logowebO voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera un auténtico disparate político as acusacións verquidas nestes días polo alcalde de Vigo contra AGE e MAREA DE VIGO de suposto “antiviguismo” por pedir exposición pública e período de alegacións para calquera proxecto tramitado por esta vía.

Segundo Rubén Pérez, é curioso ver como o grupo parlamentar do PSdG-PSOE emenda á totalidade a postura do alcalde de Vigo, que queda sen argumentos e cun papel nefasto como incendiario populista que aproveita politicamente mesmo algo tan serio como os empregos da PSA .

A emenda á totalidade que presentou o PSdG-PSOE propón un período de exposición pública de 20 días e un prazo de alegacións que foi dende o minuto 1 a demanda principal que Marea de Vigo expresou publicamente. Esta proposta do PSdG coincide coa que Alternativa Galega de Esquerda formulou para o seu debate hoxe no pleno do Parlamento de Galicia.

Marea de Vigo, funciona con criterios de rigorosidade sen caer en estratexias de descualificacións absurdas como o delirante discurso do alcalde. Dende o primeiro momento da aparición da proposta de modificación do artigo 144 da lei do solo e posterior conversión en proposta de lei, anunciamos que esta vía significaba abrir a porta en todo o país á “discrecionalidade” na construción de infraestruturas, aínda contra o planeamento, e co simple requisito de que sexan declaradas de interese xeral e a emisión de informes sectoriais.

Polo tanto, Marea de Vigo considera xa un “auténtico chiste” que o propio PP emende ao Goberno da Xunta e pida tamén un período de exposición pública de 20 días e alegacións.

En todo caso Marea de Vigo considera que os proxectos deberán ser sometidos a AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA tal e como figura na emenda presentada por AGE, xa que entendemos como insuficiente una avaliación de impacto ambiental.

Do mesmo xeito, Marea de Vigo se congratula de que, finalmente, o sentido común chegara en forma de emenda por parte de PsdG-PSOE e PP e pide que no futuro non se repita a mesma situación que non causa outra cousa que dilatación no tempo en asuntos tan urxentes e fundamentais como o urbanismo e o desenvolvemento industrial no pais.

MAREA DE VIGO CUALIFICA DE MOI POSITIVA E CLARIFICADORA A XUNTANZA COA DIRECCIÓN DE PSA E PIDE AO ALCALDE “INFORMARSE BEN DAS NECESIDADES DA PLANTA”

citroenMarea de Vigo cualificou de “irresponsables as declaracións do Alcalde ligando a ampliación á chegada de novos modelos antes do 2019, cousa que non parece ser o problema senón a posibilidade de reordenar o espazo dentro dos límites actuais”

No día de hoxe o Grupo Municipal da Marea de Vigo, xunto co deputado de AGE Antón Sánchez, mantiveron unha xuntanza coa dirección da PSA co obxectivo de clarificar a situación despois da anulación do PXOM e co debate que se está dando na Xunta sobre a modificación da Lei do Solo.

Marea de Vigo agradece a explicación que a dirección da PSA aportou sobre as necesidades urxentes da planta de Balaídos, que non se corresponden cunha ampliación dos limites actuais da fabrica, senón que afectan a reorganización de espazos dentro dos limites xa existentes. Estes cambios quedan sen cobertura ante a anulación do PXOM de Vigo, a reorganización que pide con urxencia PSA, non ten nada que ver coa ampliación da mesma cara Matamá; e considera urxente permitir unha saída a esta situación para a que non sería necesaria unha modificación da lei do solo.

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, pide diálogo entre as forzas políticas no Concello de Vigo cara a chegar a un consenso para resolver esta situación, partindo tanto da realidade sobre as necesidades da planta, como da legalidade urbanística, existindo fórmulas e instrumentos como os “proxectos de incidencia supramunicipal”, recollidos xa na lei de ordenación do territorio de Galicia dende o 1995, sen necesidade de hipotecar o futuro do urbanismo en todo o territorio do pais cunha modificación que pode ter graves consecuencias legais.

A Marea de Vigo pide encarecidamente ó Goberno Municipal seriedade e responsabilidade á hora de abordar esta cuestión, deixando de lado “cortoplacismos” por motivos publicitarios (que xa comprobamos a longo prazo acaban en anulacións de plans urbanísticos), e así demostre que realmente se preocupa polo futuro industrial da cidade, co rigor e a seriedade que merece. A Marea de Vigo considera que a “incontinencia verbal” de Abel Caballero nos medios de comunicación, ademais de crear desinformación, confusión e “medo” na cidadanía, só se pode entender dende unha perspectiva electoralista e populista, a que xa estamos todas e todos acostumadas/os, polo cal lembrámoslle que cambie de rexistro, posto que non estamos falando dun asunto da relevancia da “descendencia dos dinosetos” senón do desenvolvemento industrial de Vigo con todo o que conleva.

RUBÉN PÉREZ: QUE PP E PSOE SE DEIXEN DE CAMPAÑAS “GOEBBELIANAS” E ASUMAN OS ERROS CARA Á CIDADE DE VIGO POR CONVERTER O URBANISMO NUN “LODAZAL”. NON IMOS TOLERAR QUE OS CULPABLES DA ILEGALIDADE DO PXOM DEAN LECCIÓNS DE NADA.

pleno-rubenMAREA DE VIGO vén para emendar anos de prácticas “paralegais” e ilegais e non vai colaborar na desfeita do urbanismo vigués. “So apoiaremos medidas con substrato legal e non improvisacións á desesperada”.

MAREA DE VIGO solicitou hoxe unha xuntanza á dirección de PSA Vigo para alertar do perigo de ampliar PSA en base á “chiringuitada” da modificación da Lei do Solo.

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera xurídicamente consistente, e con precedentes xa no urbanismo de Galicia, a proposta lanzada polo grupo parlamentar de AGE que permitiría que proxectos que o Goberno Local de Vigo e a Xunta consideren estratéxicos (proxecto estación Thom Mayne , Cidade da Xustiza, ampliación do Polígono de Balaídos) saíran adiante cos instrumentos que actualmente existen, que exisen garantías e informes sectoriais e que conteñen un periodo de exposición público, como son os plans ou proxectos de incidencia supramunicipal, recollidos na lei de ordenación do territorio de galicia dende 1995.

MAREA DE VIGO solicitou hoxe unha xuntanza á dirección da PSA para alertar do baleiro legal que esta modificación do artigo 144 da lei do solo, introduce ao eliminar de facto un dos sosténs do dereito urbanístico, que son os periodos de exposición pública e o lexítimo dereito de alegacións da cidadanía ante unha infraestructura ou ámbito urbanístico na que é afectado. Marea alertará de que o modelo que o PP e PSOE sosteñen xerará novas “inseguridades xurídicas”.

Rubén Pérez sostén como a única posición coherente co seu programa político a posición de AGE no parlamento esta semán: “Xa qu sigue sendo imprescindible a participación pública na tramitación dos proxectos e plans urbanísticos, sen a cal todo o procedemento estaria viciado de nulidade absoluta”. Quenes din unha cousa e se moven na permisividade parlamentaria para que o PP aprobe esta modificación “deberían dar explicacións ás súas bases e o seu electorado”.

MAREA DE VIGO CUALIFICA DE “PERIGOSO PRECEDENTE” A MODIFICACIÓN DO ARTIGO 144 DA NOVA LEI DO SOLO QUE PODE XERAR “ARBITRARIEDADE” NO URBANISMO DE VIGO E GALICIA.

Marea-Vigo-rubenO voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, coincide con grupo parlamentar de AGE en advertir que os proxectos que o goberno local de Vigo e a Xunta consideren estratéxicos (proxecto estación Thom Mayne , Cidade da Xustiza, ampliación do Polígono de Balaídos) poden saír adiante xa cos instrumentos que actualmente existen, que esixen garantías e informes sectoriais e que conteñen un período de exposición público, como son os plans ou proxectos de incidencia supramunicipal, recollidos na lei de ordenación do territorio de Galicia dende 1995.

MAREA DE VIGO considera “ilustrativo” que no pleno de hoxe o PSOE retirase a moción que pedía precisamente esta declaración de supramunicipalidade despois de manter xuntanza en Madrid entre o Ministerio de Fomento, Xunta e Concello o que indica que “o PSOE adopta “de facto” a postura de modificación anunciada polo último Consello da Xunta do artigo 144 do proxecto de lei do solo, que sigue en trámite pero xa co período de emendas rematado o que require do acordo de todos os grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia.

Rubén Pérez coincide en sinalar como perigosa esta vía porque como expresou AGE “significa abrir a porta en todo o país á discrecionalidade na construción de infraestruturas, aínda contra o planeamento, e co simple requisito de que sexan declaradas de interese xeral e a emisión de informes sectoriais”.

MAREA DE VIGO non pode apoiar que mediante esta modificación do artigo 144 da lei do solo determinados proxectos urbanísticos poidan ser aprobados sen períodos de exposición pública nin alegacións da cidadanía. Marea alerta que isto xerará certamente novas “inseguridades xurídicas”. Rubén Pérez lembra que como denunciaba AGE no parlamento esta semana: “é imprescindible a participación pública na tramitación dos proxectos e plans urbanísticos, sen a cal todo o procedemento estaría viciado de nulidade absoluta”.

MAREA DE VIGO PIDE RESPONSABILIDADES POLÍTICAS NO DESASTRE DE FUNCIONAMENTO DO NOVO HOSPITAL

logowebMAREA DE VIGO coincide co grupo parlamentar de AGE en pedir á conselleira de sanidade que asuma e depure responsabilidades ante o novo capítulo de deficiencias e irregularidades do novo centro.

Para a MAREA DE VIGO, que se teñan que suspender traslados de pacientes por non superar controis microbiolóxicos os quirófanos e outras dependencias hospitalarias constitúe un feito de extrema gravidade que ten que ter responsabilidades concretas.

MAREA DE VIGO considera “fracasado” o modelo de xestión privada ou mixta no sistema sanitario e lembra que os criterios de xestión de empresas privadas van en moitos casos a colisionar co concepto de servizo público e garantía sanitaria. A procura de maior marxe comercial sobre o canon que o SERGAS pague á empresa concesionaria esta condicionando dende a accesibilidade ao centro ate, como estamos comprobando, a calidade asistencial, a seguridade dos pacientes e traballadores traballadoras e mesmo as mínimas garantías de dereito á asistencia sanitaria universal e gratuíta.

MAREA DE VIGO considera “apresurado” e “improvisado” o traslado ao novo hospital e non entende como dende o Concello se facilitaron as acometidas de auga, luz e saneamento sen antes asegurarse de que as condicións de apertura e funcionamento ían ser as mínimas exixibles a calquera edificio sanitario público.

%d bloggers like this: