MAREA DE VIGO PIDE DIÁLOGO ENTRE OS ALCALDES DE A CORUÑA, SANTIAGO DE COMPOSTELA E VIGO, QUE HOXE REÚNENSE EN MADRID COA MINISTRA DE FOMENTO, CARA A ÓPTIMA E LÓXICA ORGANIZACIÓN DOS TRES AEROPORTOS DE GALICIA.

logowebRubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, despois de ter falado cos representantes do concello de A Coruña e Santiago de Compostela, considera que, o alcalde de Vigo, Abel Caballero debe manter un diálogo cos mesmos, aproveitando a xuntanza de rutas que se celebrará hoxe en Madrid, cara a unha correcta organización dos aeroportos galegos, máis aló de localismos e argumentacións electoralistas.

Marea de Vigo mantén unha postura crítica coa política de subvencións á aerolíñas sen garantías de retorno para o turismo e a cidadanía, e sobre todo sen unha organización “a tres” para garantir a optimización do uso aeroportuario de Galicia.

En todo caso a Marea de Vigo defende que ningún concello subvencione a compañías aéreas, xa que é un gasto impropio da administración local e non acaba consolidando voos nos aeroportos galegos.

Marea de Vigo considera que o alcalde de Vigo debe deixar de utilizar argumentos localistas que carecen de criterios políticos e económicos coma se estivera nun constante mitin electoral para baixarse a realidade e interlocucionar cos outros alcaldes das cidades galegas que dispoñen de aeroporto, como outro modo de defender os intereses das viguesas e vigueses, non facendo que se teña que gastar máis de un millón de euros de cartos públicos en subvencións a fondo perdido a empresas como Ryanair.

Advertisements

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA “ABSOLUTAMENTE INÚTIL” A SUBVENCIÓN A VOLOTEA E LEMBRA QUE MÁIS DO 50% DOS VIAXEIROS DE PEINADOR SON POR MOTIVOS LABORAIS

peinadorEU de Vigo pedirá un seguemento mensual da ocupación destes voos, eminentemente turísticos, e que a empresa informe puntualmente dos precios dos billetes (subidas e medias mensuais). Igualmente pide garantías de que os voos non serán estacionais ligados á temporada estival.

EU considera que a batalla que ten que dar o Concello de Vigo é pedir a consideración dos voos a Barcelona, Bilbao e Madrid como “OBRIGACIÓN DE SERVICIO PÚBLICO” e polo tanto bonificarse por parte de AENA en canto a tasas e custes aeroportuarios con custe directo ao Ministerio de Fomento

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, considera que outra vez algúns pensan que a subvención aos voos de forma directa incide na ocupación dos mesmos, erro que cometen Xunta e gobernos locais de Coruña e Compostela. A COMISION NACIONAL DA COMPETENCIA nos seus informes anuais establece claramente que os máis de 250 millóns de euros en axudas á compañias entre 2007 e 2011 non serviron para facer viables as rutas comerciais en casi ningún aeroporto e moitas das axudas simplemente serviron para maquillar resultados económicos das compañías.

Rubén Pérez, coordinador local de EU en Vigo, considera que a mellor axuda que se pode facer para que os vigueses e viguesas usemos o aeroporto e crear a figura, xa existente en Renfe, de OBLIGACIONES DE SERVICIO PÚBLICO por Parte do Ministerio de Fomento alomenos da liña aérea VIGO-MADRID e VIGO-BARCELONA e polo tanto habilitar axudas en forma de rebaixas das tasas e prezos dos billetes. Xa vai sendo hora, engade Rubén Pérez, de entender que deixar o transporte aéreo ás leis de libre mercado e pretender que as axudas a compañías privadas repercutan no precio final do billete é imposible.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO DI QUE NON EXISTE NINGÚN INFORME TÉCNICO QUE RELACIONE VIABILIDADE DAS RUTAS AÉREAS CON AXUDAS PÚBLICAS ÁS COMPAÑÍAS PRIVADAS.

Lembra que a COMISION NACIONAL DA COMPETENCIA nos seus informes anuais establece claramente que os máis de 250 millóns de euros en axudas á compañias entre 2007 e 2011 non serviron para facer viables as rutas comerciais en casi ningún aeroporto e moitas das axudas simplemente serviron para maquillar resultados económicos das compañías.

peinadorPara EU hai que avanzar na defensa da xestión pública do transporte aéreo e especialmente dos órganos xestores aeroportuarios como AENA. Non é casual que a TAP Portuguesa sigue sendo pública (unha vez fracasado o intento de privatización) e por iso pode establecer dende Oporto prezos con descontos para liñas de interese público imposibles de ofertar dende Vigo. Incluso poden establecer estratexias públicas entre TAP e Turismo de Portugal (ambas propiedade do estado) para fomentar o turismo masivo a rexións como o Algarve con cargo aos orzamentos do estado.

Rubén Pérez, coordinador local de EU en Vigo, considera que a mellor axuda que se pode facer para que os vigueses e viguesas usemos o aeroporto e crear a figura, xa existente en Renfe, de OBLIGACIONES DE SERVICIO PÚBLICO por Parte do Ministerio de Fomento alomenos da liña aérea VIGO-MADRID e VIGO-BARCELONA e polo tanto habilitar axudas en forma de rebaixas das tasas e prezos dos billetes. Xa vai sendo hora, engade Rubén Pérez, de entender que deixar o transporte aéreo ás leis de libre mercado e pretender que as axudas a compañías privadas repercutan no precio final do billete é imposible.

Considera que é falso esa visión do aeroporto de Lavacolla como unha infraestructura que esta sendo viable polas axudas públicas de Xunta e Deputación xa que amortizar os 220 millóns de euros da nova terminal con axudas a unha compañía de baixo coste como Ryan Air que supón o 60% do tráfico de Lavacolla é imposible.

Lembra que competir con Sa Carneiro, que suma en só en un ano 6 millóns de pasaxeiros, un 60% máis de media que a suma dos tres aeroportos galegos, é imposible sen coordinarse entre os tres aeroportos galegos. Por exemplo en Portugal existe un tráfico importante a París pola forte comunidade lusa na cidade (52.000 pasaxeiros cada trimestre) que aquí en Vigo non se da polo que pretender establecer paralelismos entre líñas é completamente ilusorio.

Esquerda Unida de Galicia prepara para setembro de 2013 unha CONFERENCIA NACIONAL SOBRE INFRAESTRUCTURAS donde debatirá e preparará un documento amplo sobre alternativas e propostas para o futuro do transporte aeroportuario en Galicia.

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE PEINADOR XA PERDÍA PASAXEIROS CANDO ABEL CABALLERO DESEMBOLSABA MILES DE EUROS PÚBLICOS EN FORMA DE AXUDAS ÁS AEROLÍNEAS.

EU anuncia que “baixo ningún concepto” secundará una mobilización convocada por un dos culpables da situación de cuase-inoperatividade de Peinador”.

peinadorLembra que baixo o mandato do Ministro do PSOE Jose Blanco privatizáronse servicios aeroportuarios, incrementáronse as tasas aeroportuarias e subiuse o IVE, feito que acaba indeflectivemente actuando sobre o prezo final do billete aéreo dende Vigo, que hoxe fai que viaxar en avión para a maioría dos vigueses e viguesas sexa inalcalzable.

Para o coordenador local de EU, Rubén Pérez as axudas a compañías privadas é un tremendo erro que cometeron tanto Abel Caballero nos seus orzamentos municipais recentes, como Xunta e Deputación e pide que “fale menos a clase política e máis os economistas e expertos en Loxística sobre as potencialidades do transporte aéreo non so de pasaxeiros senón tamén de carga aérea; hoxe imposible para grandes formatos polas dimensións da pista de Peinador.

Como xa denunciara en 2011 e 2012 Esquerda Unida, o Concello e a Xunta estaban financiando con cartos públicos “ate case 100 € por pasaxeiro” a aerolíneas que, posteriormente, a pesar de reducir o custe do billete, establecían outros cargos inxustos chamados “servicios complementarios”, coma pagos por maletas, excesos de kilos, etc… que obrigaban ao pasaxeiro incluso a refacer o equipaxe “in situ” ou pagos de ate 40 € por non facer o check-ing previamente.

EU lembra que estas aerolíneas recurtan con estas prácticas dereitos do personal de terra e do pasaxeiro recollidos na lexislación aeroportuaria e nos convenios colectivos do sector.

Por elo, EU considera importante erradicar á subvención á compañías privadas e subliña que a reducción de precio nestas compañías de baixo coste está “maquillada” e significa unha pérda de dereitos do pasaxeiro e de coberturas ante cancelacións, contratempos ou roturas ou perdas de equipaxe. Pide que se elabore por parte de Concello e Xunta un estudo de se realmente a subvención repercute nun 100% no cliente e non na conta de resultados da compañía.

Para Esquerda Unida, plantexar tres aeroportos en Galicia e tres ou catro puntos de entrada do AVE é un disparate absoluto polo que ou Goberno Central, Xunta e Concellos establecen un Plan Coordenador de Transporte Intermodal, “especialmente orientado ao transporte aéreo e ferroviario, ou imos seguir tendo unha sangría orzamentaria en materia de infraestructuras con serios problemas de utilidade pública”. EU pon como exemplo a perda de viaxeiros de Peinador, o 17% que será agravada se finalmente chega o AVE a Vigo.

EU considera que decidir que aeroporto queda ou que aeroporto mantense “sen estudos de viabilidade” é puro oportunismo localista. Lembra que Peinador pode xogar un papel determinante no PIB galego como espazo aeroportuario de mercadorías para sectores punteiros como a pesca e o sector da automoción.

%d bloggers like this: