ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA A FOLGA DAS/OS TRABALLADORAS/ES FERROVIARIOS CONVOCADA O 31 DE XULLO E QUE REMATA HOXE 1 DE AGOSTO.

trenEsquerda Unida considera que esta folga e as que virán son necesarias para a defensa dos servizos públicos fronte as privatizacións que se están levando a cabo nos últimos anos.

Dende Esquerda Unida amosamos o total apoio a folga en Renfe e Adif convocada polos sindicatos durante os dias 31 de Xullo e 1 de Agosto.

Consideramos que esta folga supón unha reclamación no nome do conxunto da cidadanía, contra o expolio dos servizos públicos que estamos a sufrir. Neste caso, roubo organizado e lexitimado do Ferrocarril a través das actuacións privatizadoras dos diferentes gobernos tanto do PP como do PSOE, aprobando procesos de liberalización que establecen o a folla de ruta para deixar en mans privadas o patrimonio colectivo.

Denunciamos a precarización das condicións laborais que están a sufrir as e e os traballadoras/es de Renfe e Adif dunha forma salvaxe e paralelamente ós procesos privatizadores, a modo de discriminación salarial, contratos lixo, etc…que requiren unha resposta en forma de loita como é a folga convocada polos sindicatos para estos días.

Denunciamos tamén os abusos da patronal nos servizos minimos establecidos, neste caso de máis de un 8O%, si temos en conta o numero de traballadores/as que poden exercer o dereito a folga. (en Renfe Operadora, en Vigo, só un 12,3% poden secundar, 13 dos 120 en plantilla). Servizos mínimos denunciados nos tribunais en repetidas ocasións con sentenzas que acaban anulando os servizos mínimos impostos (a última da Audiencia Nacional no pasado mes de maio que valida o recurso presentado polo Sindicato Ferroviario), pero que de nada sirve unha sentenza xa pasada á folga porque non resarce o dereito fundamental vulnerado xa que non implica a non repetición da “xogada” por parte da patronal.

Isto supón un grave atentado en contra das/os traballadoras/os a exercer o seu dereito á folga, xa vivido noutras ocasións noutros sectores e empresas, convertindo os xa denostados dereitos laborais e os dereitos fundamentais en papel mollado.

 Por todo isto, apoiamos a loita das/os compañeiras/os ferroviarias/os tanto na defensa dos seus dereitos como traballadoras/es como na defensa dos servizós públicos de toda a cidadanía.

Advertisements

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA A CONCENTRACIÓN QUE PECHA A FOLGA DO SECTOR FERROVIARIO CONVOCADA POR CGT E SINDICATO FERROVIARIO ANTE A SEGREGACIÓN DE RENFE E ADIF

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, (que asistirá a concentración en Vigo) pide un apoio da cidadanía a concentración que os sindicatos convocantes realizaran ás 11:30 horas na estación de VIGO-GUIXAR “porque está en liza a entrada masiva de capital privado especulador no ferrocarril público”.

Esquerda Unida de Vigo apoia estas xornadas de FOLGA en defensa dun ferrocarril público e social ante o decreto de segregación de RENFE OPERADORA en dúas empresas e ADIF en catro novas empresas que entendemos son a antesala das privatizacións do sector ferroviario.

EU de Vigo asiste a esta mobilización co fin de reivindicar o establecemento dun novo modelo de ferrocarril sustentable, público, seguro, viable e con garantías e dereitos laborais, factores que estarán con seguridade amenazados se permitimos o “reparto e menudeo” das empresas públicas ferroviarias.

O coordenador local de EU considera que “mentras poñen un pano nos ollos da xente con proxectos megalómanos como o AVE; desmantelan o tren convencional, eliminan a posibilidade de sistema de trens rápidos alternativos ao alto custe económico e ambiental do modelo implantado de alta velocidade, destrozan o patrimonio público e alimentan as ansias de entrar na xestión do ferrocarril público de constructoras e empresas de servizos, moitas delas citadas de xeito nominal na investigación xudicial do caso Bárcenas”

O coordenador de EU pide aos sindicatos non convocantes unha “profunda reflexión sobre o papel que están amosando ante a cidadanía nun momento que nos xogamos o ferrocarril público neste pais”

ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE A CIDADE TEN QUE VOLCARSE NA DEFENSA DA INTEGRIDADE DE RENFE OPERADORA E ADIF COMO ENTE PÚBLICO

EVA_SOLLA_RUBEN_PEREZ_RENFEO coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, e a deputada de AGE mantiveron hoxe un encontro cos comités de empresa das dúas compañías públicas na provincia de Pontevedra para dar traslado da preocupación de EU pola decisión do comité de dirección de RENFE OP de disgregar en catro empresas a compañía “preparando o camiño á privatización no sector.

“Esta en xogo ter comunicacións ferroviarias con localidades da comarca e da área metropolitana de Vigo”, engadía Rubén Pérez, polo que non podemos estar preocupados exclusivamente polo aeroporto cando o tren ten miles de viaxeiros máis e nalgúns casos, xente que non ten outra alternativa de mobilidade

EU presentará iniciativas no Congreso dos Deputados na defensa dun sistema de trens de cercanías para Galicia, para un uso racional das infraestructuras de Adif e Renfe hoxe en desuso así como para protestar contra a “evidente” discriminación tarifaria en canto a tramos xa que tramos máis longos noutras comunidades para un mesmo tipo de tren e servizo son sensiblemente máis baratos.

EU manifestouse “radicalmente en contra” de calqueira disgregación de RENFE OPERADORA en ADIF en “pequenos chiringuitos autonómicos” que siguen o modelo análogo privatizador dos entes ferroviarios cataláns e bascos, hoxe en proceso de venta a constructoras e empresas privadas de servicios e, como sempre; defenderá a integridade de Renfe como única empresa, defendendo incluso a reversión de ADIF para o entorno empresarial de RENFE.

Para EU “atopámonos coa continua e silenciosa supresión de servizos de tren convencional, unha situación que pon de manifesto o escaso interese do Goberno, en xeral, e do Ministerio de Fomento, en particular, por favorecer que a cidadanía dispoña dun servizo ferroviario que cubra realmente as necesidades dos usuarios”.

Esquerda Unida presentou a través do seu grupo parlamentario no Congreso unha proposición non de lei sobre o servizo público ferroviario para o seu debate no Pleno ao obxecto de “consolidar un sistema ferroviario público e social que vertebre o territorio, teña suficiente investimento público, unha adecuada planificación de servizos e frecuencias, e un plan comercial que poña en valor a rendibilidade social e ambiental de todas e cada unha das liñas de ferrocarril convencional”.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO MANTÉN HOXE XUNTANZA COS COMITÉS DE EMPRESA DE RENFE OPERADORA E ADIF EN PONTEVEDRA

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, e a deputada de AGE e membro do Consello Político Federal de IU Eva Solla manterán hoxe unha xuntanza coa representación dos traballadores e traballadoras ferroviarias para dar traslado da preocupación ante a segregación da compañía aprobada polo Consello de dirección de Renfe Operadora en catro novas empresas, que para Esquerda Unida supón “o inicio da anunciada privatización do ferrocarril público.

trenEU dará traslado tamén das últimas iniciativas parlamentarias no Congreso e no Parlamento de Galicia ante os recortes en liñas, a inexistencia de OPE no sector e o desmantelamento organizado de recursos e patrimonio público.

EU manifestase “radicalmente en contra” de calquera disgregación de RENFE OPERADORA en ADIF en “pequenos chiringuitos autonómicos” que seguen o modelo análogo privatizador dos entes ferroviarios cataláns e bascos, hoxe en proceso de venta a construtoras e empresas privadas de servizos e, como sempre; defenderá a integridade de Renfe como única empresa, defendendo incluso a reversión de ADIF para o entorno empresarial de RENFE.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO MANTÉN HOXE UNHA XUNTANZA COS COMITÉS DE EMPRESA DE ADIF E RENFE OPERADORA

EU de Vigo nunha xuntanza anterior co comité de empresa de Adif

EU DE VIGO VAI DAR TRASLADO DO APOIO DA FORMACIÓN Á FOLGA DO DÍA 3 DE AGOSTO e a súa defensa da potenciación do transporte público colectivo, onde o tren ocupa un lugar relevante, como método de vertebración nacional, cohesión social e mellora do noso nivel de sustentabilidade.

EU considera oportuna e necesaria a FOLGA XERAL EN RENFE E ADIF despois da aprobación do RDL 22/2012 no referente a materia de infraestruturas e servizos ferroviarios, decreto que , escudándose na precaria situación económica, procede a un novo recorte, esta vez no sector ferroviario, xustificando que a situación económica esixe a máxima eficiencia na xestión dos servizos públicos.

EU trasladará a súa preocupación porque no borrador do 13 de xullo proposto polo goberno, confírmase que de aquí a finais de ano, pecharanse liñas de tren, estacións e servizos que só leven un 15% de ocupación. Con estas medidas, ademais, acelérase o desartellamento do territorio galego que se puxo en marcha coas liñas do AVE.

EU de Vigo trasladará igualmente a constatación da executiva nacional de Esquerda Unidaa de que a inversión pública feita en Renfe se pón agora ao servicio do sector privado.

A “reestruturación” do sector pasa pola creación de 4 Sociedades Mercantiles Estatales que cederán ao sector privado a infraestrutura que precisen minimizando así a inversión privada e maximizando os seus beneficios.

A EXECUTIVA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA MANIFESTA QUE A INVERSIÓN PÚBLICA FEITA EN RENFE QUEDA AO SERVICIO SECTOR PRIVADO.

ESQUERDA UNIDA DEFENDE A POTENCIACIÓN DO TRANSPORTE PÚBLICO COLECTIVO, ONDE O TREN OCUPA UN LUGAR RELEVANTE, COMO MÉTODO DE VERTEBRACIÓN NACIONAL, COHESIÓN SOCIAL E MELLORA DO NOSO NIVEL DE SUSTENTABILIDADE. A COORDINADORA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA, YOLANDA DÍAZ, AFIRMA QUE “O FERROCARRIL DEBE SER CONSIDERADO UN SERVIZO PÚBLICO DE PROPIEDADE E XESTIÓN PÚBLICA”.

Non é unha crise é unha estafa. A sanidade non é rentable, a educación non é rentable, e agora toca rematar co sector ferroviario que semella que tampouco é rentable. Ningún dos recortes impostos está a servir para dinamizar e reactivar a economía, senón todo o contrario. O trasvase do público ao privado é o que nos precariza.

Esquerda Unida defende a potenciación do transporte público colectivo, onde o tren ocupa un lugar relevante, como método de vertebración nacional, cohesión social e mellora do noso nivel de sustentabilidade. Despois da aprobación do RDL 22/2012 no referente a materia de infraestruturas e servizos ferroviarios, e escudándose na precaria situación económica, procédese a un novo recorte, esta vez no sector ferroviario, xustificando que a situación económica esixe a máxima eficiencia na xestión dos servizos públicos. O transporte, ao igual que a sanidade e a educación, é preciso que estea a servizo da cidadanía e non ao servizo do beneficio privado.  

Confírmase no borrador do 13 de xullo que, de aquí a finais de ano, pecharanse liñas de tren, estacións e servizos que só leven un 15% de ocupación. A supresión do FEVE en 2013, deixa sen servizo ao litoral do norte de Galicia, que é o peor comunicado en materia ferroviaria de todo o país. Con estas medidas, ademais, acelérase o desartellamento do territorio galego que se puxo en marcha coas liñas do AVE.

A executiva nacional de Esquerda Unida manifesta que a inversión pública feita en Renfe se pón agora ao servicio do sector privado. A “reestruturación” do sector pasa pola creación de 4 Sociedades Mercantiles Estatales que cederán ao sector privado a infraestrutura que precisen minimizando así a inversión privada e maximizando os seus beneficios.

Dende Esquerda Unida consideramos que é necesario artellar o territorio, e iso pasa por manter unha liña de comunicacións que non estea supeditada ao beneficio económico privado. As necesidades de mobilidade da poboación deben de estar garantidas, con independencia da situación xeográfica, do poder adquisitivo…polo propio estado. Xa nos pasou coa liña de AVE, cuxa velocidade se basea no desbaldimento de recursos enerxéticos, no abandono do ferrocaril de pequena e media distancia, e cuxo prezo non é accesible para a maioría social.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, afirma que “o ferrocarril debe ser considerado un  servizo público de propiedade e xestión pública” , temos que mudar o modelo actual de mobilidade e exercer políticas que favorezan a non dependencia do petróleo. O tren de cercanías debe cohesionar o rural cos polígonos industriais e coas áreas metropolitanas; e isto pasa por unha planificación territorial que reduza á súa vez a necesidade de desprazamentos en vehículos particulares. Temos que evolucionar cara o transporte colectivo, non só hai que ter en conta o beneficio económico senón que a cidadanía debe de recibir beneficios da xestión pública, que con vontade e planificación é posible.

Por todo isto, Esquerda Unida rexeita a decisión do goberno do Partido Popular que, unha vez máis, desmantela a inversión pública en prol da privada, e que agora convertirá o ferrocarril nun transporte de viaxeiros e non de usuarios.

ESQUERDA UNIDA DE VIGO E O PARTIDO COMUNISTA PORTUGUÉS PRESENTARÁN SENDAS PROPOSTAS NOS PARLAMENTOS PORTUGUESES E ESPAÑOL PARA QUE SE MANTEÑA O FERROCARRIL VIGO-PORTO

ESQUERDA UNIDA presentará a través do seu deputado Gaspar Llamazares unha interpelación parlamentaria pedindo que o goberno español inste ao portugués ao mantemento da liña Vigo Oporto como eixe vertebrador da eurorexión en canto a transporte de pasaxeiros e mercancías. Do mesmo modo o grupo parlamentario do PCP presentará 10 esta semana um Proxecto de Resolución que recomendará ao goberno a modernización da ligación ferroviaria de pasaxeiros e mercancías entre Porto e Vigo, e como articulación válida co infraestruturas da rexión, como o Aeroporto do Porto e o Porto de Leixões.

O coordenador local de EU , Rubén Pérez considera que os sucesivos PEC´S en Portugal van a afectar sensiblemente á economía do sur de Galicia xa que é espacio comercial de loxístico de moitas compañías galegas que ven no Porto de Leixoes unha alternativa rápida a inoperancia do Porto de Vigo acreditada polas sucesivas presidencias de políticos sen vinculación algunha as actividades loxísticas e portuarias e que fan vislumbrar un futuro desastroso para o Porto de Vigo.

ESQUERDA UNIDA coincide co PCP en que a desaparición desta liña ven a agravar os problemas de mobilidade entre Galicia e o Norte de Portugal ao sumarse as inxustas peaxes nas SCUT (sobre todo na A28) que están impedindo o crecemento económico e o desenvolvemento social da eurorexión.

Igualmente ESQUERDA UNIDA recorda que a unión europea a través dos plan de deselvolvemento aprovados, prioriza a integración económica a través do transporte ferroviario, ben sexa de personas ou mercadorías, xa que de facto impide o desenvolvemento do Porto de Leixoes como alternativa ao de Vigo mentras non soluciona a súa falla de planificación e de espacio loxístico mediante un serio plan de usos.

O goberno español, enfrascado na súa teima de privatizar RENFE OPERADORA e ADIF, debe reclamar ante o portugués o mantemiento da liña VIGO-PORTO e velar polo desenvolvemento do sector ferroviario como alternativa real de mobilidade, nun tempo no que podemos estar chegando ao cénit do petróleo e con él aos problemas no transporte por estrada. ESQUERDA UNIDA e o PCP coinciden en que os partidos da dereita (PP, PSD/CDS) e os socialistas (PSOE, PSP) coinciden nesta política de desmantelamento do sector ferroviario nos dóus países e que teremos que ser a cidadanía a que nos mobilicemos pola mobilidade sustentáble e pública en Portugal e no Estado Español.

%d bloggers like this: