MAREA DE VIGO PIDE DIÁLOGO ENTRE OS ALCALDES DE A CORUÑA, SANTIAGO DE COMPOSTELA E VIGO, QUE HOXE REÚNENSE EN MADRID COA MINISTRA DE FOMENTO, CARA A ÓPTIMA E LÓXICA ORGANIZACIÓN DOS TRES AEROPORTOS DE GALICIA.

logowebRubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, despois de ter falado cos representantes do concello de A Coruña e Santiago de Compostela, considera que, o alcalde de Vigo, Abel Caballero debe manter un diálogo cos mesmos, aproveitando a xuntanza de rutas que se celebrará hoxe en Madrid, cara a unha correcta organización dos aeroportos galegos, máis aló de localismos e argumentacións electoralistas.

Marea de Vigo mantén unha postura crítica coa política de subvencións á aerolíñas sen garantías de retorno para o turismo e a cidadanía, e sobre todo sen unha organización “a tres” para garantir a optimización do uso aeroportuario de Galicia.

En todo caso a Marea de Vigo defende que ningún concello subvencione a compañías aéreas, xa que é un gasto impropio da administración local e non acaba consolidando voos nos aeroportos galegos.

Marea de Vigo considera que o alcalde de Vigo debe deixar de utilizar argumentos localistas que carecen de criterios políticos e económicos coma se estivera nun constante mitin electoral para baixarse a realidade e interlocucionar cos outros alcaldes das cidades galegas que dispoñen de aeroporto, como outro modo de defender os intereses das viguesas e vigueses, non facendo que se teña que gastar máis de un millón de euros de cartos públicos en subvencións a fondo perdido a empresas como Ryanair.

Advertisements

Esquerda Unida demanda a elaboración dun plan integral contra a violencia de xénero

YOLANDA DÍAZ RECLAMA UNHA MEIRANDE DOTACIÓN DE RECURSOS NO CIM E A FIN DA PRIVATIZACIÓN DOS PUNTOS DE ENCONTRO

A COORDINADORA XERAL SOLICITA O DESENVOLVEMENTO DA LEI GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DAVIOLENCIA DE XÉNERO

En rolda de prensa celebrada na Coruña, Yolanda Díaz denunciou a situación de privatización dos puntos de encontro e a notable insuficiencia dos recursos adicados aos centros de información da muller, reclamou tamén un esforzo orzamentario para mellorar as dotacións vencelladas coas casas de acollida. Citou como exemplo o caso de Ferrol, onde EU impulsou a compra duns terreos adxacentes á casa de acollida para proceder a súa ampliación e mellora, asemade da dotación cun inmoble propio e digno do actual CIM.

A Coordinadora Xeral de Esquerda Unida considera imprescindible, que se acorden un conxunto de actuacións que permitan o desenvolvemento real da lei para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, aprobada polo anterior goberno bipartito da Xunta, xa que logo, adoece dunha serie de cumprimentos, que eivan gravemente a súa eficacia.

Pola súa parte a Coordinadora Local da Coruña, Alba Sánchez, entende necesario que con urxencia e de maneira participada -mediante un traballo colectivo co movemento feminista e de mulleres- sexamos quen de desenvolver nas administracións públicas un Plan Integral Contra a Violencia de Xénero para dotarmos como cidadanía dunha ferramenta para axudar ás mulleres vítimas desta execrable violencia.



Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida
%d bloggers like this: