Memoria histórica, republicanismo tamén dende o municipalismo de esquerdas

PROPOSTA PARA O DEBATE PROGRAMÁTICO:

MEMORIA HISTORICA, REPUBLICANISMO TAMÉN DENDE O MUNICIPALISMO DE ESQUERDAS.

 

  1. A memoria histórica e a vindicación dos valores republicanos non é para ESQUERDA UNIDA un feito nostálxico, unha actividade cultural ou un capítulo histórico, é parte indispensable da rexeneración democrática do noso país que quedou aparcada polo pacto da chamada transición democrática. Hoxe, xa ninguén é deudor desa etapa política polo tanto falar de República, de exilio, de represaliados é falar de democracia e de restauración de dereitos civis e humanos.
  2. Quedan aínda miles de familias con familiares desaparecidos, miles de represaliados aínda vivos, de persoas con vidas alteradas polo exilio, etc… polo tanto non é un feito histórico ou pretérito, é un feito actual e cercano a todos nós. Recentemente o concello de Vigo pedia ós familiares do dirixente comunista vigués Francisco Barreiro Barciela, fusilado en 1941 nun dos procesos militares máis coñecidos do franquismo, o proceso “Larrañaga e Dieguez”, que demostraran a defunción deste home para solventar a titularidade de nichos no cemiterio de Pereiró, o que amosa como se ocultou e borrou a nivel municipal a represión sobre os conveciños.
  3. Non se teñen dado pasos para equiparar ós presos políticos do tardo-franquismo cos da postguerra inmediata a contenda. O caso do vigués Baena a dos represaliados no 72 en Vigo e Ferrol é evidente. ESQUERDA UNIDA ten presentado durante o goberno bipartito unha proposición de lei no PARLAMENTO GALEGO para elo sen obter máis que boas palabras por parte do entón presidente Touriño (militante comunista na clandestinidade) e do conselleiro de presidencia.

 

Como todo feito histórico a guerra civil e a represión inmediata ten unha dimensión local, nos últimos anos os historiadores contemporáneos teñen feito un énfase na historia local como focalización rápida dos contextos históricos máis xerais. EU quere ir máis aló, pretendemos que as accións lexislativas orientadas á restitución democrática dos loitadores antifranquistas teña unha dimensión municipal, convertendo ós concellos en promotores de actividades de reivindicación da memoria histórica, de axuda e asesoramento á familiares e represalidos, vindicando nas actividades institucionais e culturais a memoria da dignidade republicana. É unha realidade que Vigo ten sido nos últimos años, sobre todo co mandato da dereita pero singularmente baixo o mandato de Abel Caballero, un concello anmésico, volcado en borrar a memoria republicana da nosa cidade.

 

Políticas que defenderá Esquerda Unida

 

Páxina anterior                                      Páxina seguinte
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: