PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA EN DEFENSA DAS PENSIÓNS

Advertisements

ESQUERDA UNIDA XA TEN MÁIS DE 7.000 FIRMAS DE VIGUESES PEDINDO UN REFERENDUM SOBRE A AMPLIACIÓN DA CONCESIÓN DO SANEAMENTO E A AGUA A AQUALIA

EU considera que el informe municipal presentado esta semana é un “fraude esperado” e que os acordos do pleno para tarificar soamente por consumo tomábanse co coñecemento dos tres grupos que sen tocar a concesión é imposible facelo. EU lembra que o que non paguemos os vigueses no recibo de Aqualia, esta o cobra directamente do Concello en forma de indemnización como así o fai Vitrasa no bonobús e nas lanzadeiras.

EU sigue recollendo sinaturas para pedir un referendo, fórmula presente no Regulamento de Participación cidadá, de vigueses e viguesas para solicitar que esta ampliación de concesión (que legalmente aínda non pasou por pleno) seña sometida a referendo municipal.

aqualiaEsquerda Unida está informando á cidadanía de cómo as presións que grandes corporacións como FCC fixeron ao goberno socialista de Felipe Gonzalez a nos anos 90 para que ser privatizaran todos os servizos públicos municipais non fóron alleas aos gobernos locais e en Vigo a corporación presidida por Manuel Soto decidíu privatizar o servizo en 1990 dando lugar a SERAGUA, empresa privada que modificaba sustancialmente o xeito non só de xestionar o servizo senón de FACTURALO, empezando a funcionar en adiante o sistema de pago por bloques que introducía o feito de que pagábase un primerio bloque de 30 metros cúbicos aínda que a maioría dos veciños e veciñas non chegaban a tal consumo.

O negocio da auga privatizada foi vento en popa, FFC fíxose con gran parte dos servicios en grandes e medianos municipios e en 2001 creou un novo grupo chamado AQUALIA que convertíuse nun auténtico lobby con poder ante concellos e partidos políticos representados.

O propio plego de concesión establecía unha serie de medidas que deixaron ao concello sen capacidade negociadora ante AQUALIA, sobre todo ao establecer un tope máximo de inversión en obra (saldo agotado fai anos) e a permitir unha tarifa abusiva e que non contribúe ao aforro,  por poñer un exemplo: unha familia que consuma 10m3 e unha que consuman 30m3 pagan case o mesmo. Xa que a primeira paga 34,24 euros/bimestre e a segunda 30m3 paga 38,42 euros. O truco está en establecer un primeiro bloque de 30m3, sendo esa pequena diferencia ó “canon de saneamento”, xa que por “abastecemento”, “saneamento”e “cota fixa” páganse 32,15 euros aínda que non abras nin un grifo.

EU considera que a irresponsabilidade do goberno municipal na ampliación por cinco anos máis da concesión incapacita ao goberno local de conquerir calqueira solución a este problema.

8 DE MARZO: SEN IGUALDADE NON HAI DEMOCRACIA

8 marzo 2013

Desde os inicios do movemento feminista, as mulleres estamos a loitar por unha sociedade mellor que iguale en dereitos e oportunidades a todas as persoas. As mulleres fomos e seguimos sendo as impulsoras e promotoras de grandes cambios que contribuíron decididamente ao enriquecemento da democracia, de tal maneira que demostramos positivamente que sen nós, esta non existe.

Democracia significa que homes e mulleres dispomos das mesmas oportunidades e dereitos. Por iso nós reivindicamos a nosa incorporación activa e plena a todos aqueles ámbitos aos que aspiremos, e que nunca, polo feito de ser mulleres, nos estean vetados, porque consideramos que a paridade é consustancial coa democracia.

Democracia significa que mulleres e homes compartimos sen trabas nin vetos todo o tempo e todos os espazos. Por iso non deixamos de insistir en que ambos deben distribuírse equitativamente, de tal maneira que as responsabilidades sexan compartidas.

Democracia significa pleno emprego, de calidade, ben retribuido, sen discriminacións de ningún tipo. Por iso as mulleres feministas rexeitamos a Reforma Laboral que comezou o PSOE e que o PP concretou cunhas condicións case de escravitude e que prexudican gravemente ás mulleres.

Democracia significa que cada persoa é dona do seu corpo, das súas decisións e das súas posicións ante a vida. Por iso nós loitamos para que non nos obriguen a reproducir actitudes ou comportamentos prefixados, senón que poidamos ser autónomas e libres para dispor da nosa existencia. Por iso defenderemos decididamente que non se modifique de maneira restritiva o aborto, nin ningún dereito sexual e que non estamos dispostas a que a igrexa católica siga interferindo na vida das mulleres.

Democracia significa que as diferenzas, diversidades e opcións non marcan ningún tipo de exclusión ou discriminación. Por iso é polo que as mulleres non recuaremos no noso empeño de que se acaben dunha vez por todas, todos os comportamentos sexistas e patriarcales. Por iso desde Esquerda Unida defendemos unha sociedade que non consinta, nin permita, nin avale que as mulleres sigan sendo discriminadas nin explotadas en ningunha das súas formas.

Democracia significa que o respecto e a liberdade son valores irrenunciables. Por iso para nós a autonomía persoal e económica, a capacidade de movemento, de elección e o emprego, son dereitos que conforman o concepto de igualdade de xénero.

Democracia significa que o Estado atende a través dos servizos públicos, todas as necesidades da cidadanía. Por iso opoñémonos ás leis como a da dependencia que nos relega aos coidados, por iso rebelámonos ante todo tipo de involucións sociais que leven a que ás mulleres se nos arrebaten os dereitos conquistados.

Democracia significa erradicar das estruturas sociais todos os condicionantes, costumes ou formas culturais que discriminen ou exclúan. Por iso as mulleres feministas loitamos por unha sociedade na que homes e mulleres sexan iguais e onde a xustiza e a equidade sexan os cimentos fundamentais nos que se basee a política.

RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): “A ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS É O MAIOR RETO POLÍTICO QUE A ESQUERDA GALEGA TEN POR DIANTE DENDE O FRENTE POPULAR DE 1936”

O coordenador local de EU valorou hoxe a candidatura de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS (configurada por ESQUERDA UNIDA, ANOVA E EQUO) como un exemplo de que as converxencias políticas dende a esquerda anticapitalista e polo tanto recoñecedora dos dereitos colectivos dos pobos e do movemento obreiro, o ecoloxismo, o feminismo como frontes de traballo esenciais para que a maioría social de Galicia, que somos os traballadoras e traballadores, non paguemos a crise capitalista e as súas medidas de recorte social e de dereitos.

Yolanda Díaz (EU) e Xosé M. Beiras (Anova)

Esquerda Unida de Vigo felicítase do perfíl netamente traballador dos candidatos e candidatas de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS, exemplos de pluralidade sindical e de traballo consciente no eido da cultura, os movementos sociais e a participación social. O coordenador local, Rubén Pérez considera que “algo estaremos facendo ben cando o resto dos partidos que se repartiron a política galega verbo gratia dunha lei electoral inxusta imposta por Fraga e consagrada a rango de fe polo bipartito, adican máis tempo á falar da nosa coalición que a facer propostas concretas e decididas.

Rubén Pérez lembra que en 1936 a urxencia política ante o acoso da dereita e d fascismo obrigou a forzas de diferentes sensibilidades a aupar esforzos na concrección da FRONTE POPULAR feito que foi incapaz de repetirse coa morte de Franco ante a polarización das forzas de esquerda en “estatatistas” e “nacionalistas”. Estos vellos clichés hoxe son ridículos e oportunistas porque o acoso aos galegos ven derivado esencialmente da contradición entre o capital e o traballo nun proceso de acumulación capitalista descoñecido dende a primeira metade do século XX, “ou non son galegos tamén os que se quedan coa plusvalía do noso traballo e explotan e condenan á miseria a centos de galegos e galegas”.

Considera perfectamente asumible para EU a aposta por esta coalición xa que a propia creación de IZQUIERDA UNIDA en 1986 respondía este chamado cando decía o propio manifesto fundacional: “La formación de esa plataforma electoral es, pues, una ineludible necesidad para recupera la esperanza que subyace en los anhelos de tantos españoles que se pronuncian por la paz y la neutralidad, el trabajo para todos, y la consagración, en definitiva somos muchos los que coincidimos en las tradiciones renovadas del movimiento obrero, los planteamientos emergentes de carácter ecologista, el progresismo económico y para la participación política, y la necesidad de rescatar lo que es una visión moderna de un socialismo democrático. Todo ello para el impulso del progreso de una sociedad compleja y diversificada, en la que se han experimentado transformaciones importantes desde el punto de vista filosófico, sociológico, tecnológico y en el modo de formación de las decisiones políticas, económicas y sociales.”

ESQUERDA UNIDA DE VIGO INICIA HOXE UNHA CAMPAÑA EN TODO O ESTADO CHAMANDO Á “REBELIÓN CIDADÁ DEMOCRÁTICA”-

EU DE VIGO SÚMASE A ESTA CAMPAÑA CUNHA RECOLLIDA DE SINATURAS PEDINDO QUE SE SOMETAN Á REFERENDO AS POLÍTICAS DE RECORTE DO GOBERNO. A RECOLLIDA DE SINATURAS COMENZARÁ EN VIGO ÁS 19:30 HORAS ENFRONTE DO MUSEO M.A.R.C.O.

A campaña que hoxe EU lanza en todas as cidades e vilas do estado español apóiase nun MANIFESTO presentado polo coordenador xeral de IU Cayo Lara o pasado venres nas portas do Palacio da Moncloa e do que serán repartidas en Vigo máis de  10.000 exemplares nestes días

Esquerda Unida considera que chegou o momento de organizar unha rebelión democrática sostida e concorrente, na que converxan todos os sectores, colectivos e persoas que están sometidos ou padecen os recortes e que non teñen outro obxectivo que facernos retroceder cincuenta anos.

É a hora da resistencia, da mobilización  e a alternativa para acabar con esta política que empobrece e fai sufrir á maioría da poboación, que impón unha regresión moral que pretende arrebatarnos a nosa dignidade como persoas.

Esta rebelión debe servir para lograr que o pobo se pronuncie e tome nas súas mans os destinos do país para facer pagar a crise aos seus autores, aos especuladores, aos estafadores financeiros  consentidos e estimulados polas elites antidemocráticas que rexen os destinos da  actual política da Unión Europea, pactada pola socialdemocracia e a dereita dos países europeos.

Por todo iso:

·Chamamos a todos os demócratas a derrotar ao Goberno e as súas políticas.

·Chamamos a todos os cidadáns e cidadás a incorporarse a esta rebelión, a mobilizarse, a participar activamente na loita por outra política coa súa acción e as súas propostas.

ESQUERDA UNIDA PORÁ UNHA MESA DE RECOLLIDA DE SINATURAS DENDE AS 19:30 HORAS ENFRONTE DO MUSEO M.A.R.C.O. DE VIGO

ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA A INICIATIVA CIDADÁ EUROPEA PROMOVIDA POR CC.OO E UXT “A AUGA É UN DEREITO HUMANO”

O procedemento da iniciativa, impulsada pola Federación Europea de Servizos Públicos (EPSU), é un novo mecanismo de participación da cidadanía europea, que require o respaldo dun millón de firmas de 9 Estados Membro, cun 1% do censo de cada un deles.

Esquerda Unida mostrou o seu apoio á iniciativa “A auga é un dereito humano” (Water is a Human Right), promovida por CC.OO e UXT en España, e impulsada pola Federación Europea de Servizos Públicos (EPSU), que se desenvolve a través dun novo mecanismo de participación da cidadanía europea na política comunitaria que entrou en funcionamento o 1 de abril de 2012, e polo cal a Comisión Europea ha de ter en conta a petición presentada por unha organización legilitimada para iso, cando conte co respaldo dun millón de firmas representativas de 9 Estados Membros, e cun 1% do censo de cada un. En España o obxectivo mínimo son 50.000 firmas.

A iniciativa “A auga é un dereito humano” pretende lograr que “o acceso ao auga sexa considerado un dereito humano básico na Unión Europea como xa fixo Nacións Unidas a escala planetaria”. Como consecuencia, “a Comisión Europea debe lexislar coa finalidade de evitar que a auga sexa tratada como unha mercadoría e co obxectivo de que sexa considerada un “servizo básico”. Así mesmo, a iniciativa trata de restrinxir no ámbito europeo os abusos do mercado e das empresas e a privatización do abastecemento e saneamento.

Na proposta presentada á Comisión Europea, solicítase, entre outras cuestións, “incluír o dereito humano á auga e saneamento en todas as comunicacións relativas á auga, garantir servizos de auga (segura, saudable e económica) e saneamento para todas as persoas da UE e renunciar á comercialización dos servizos de auga, mediante a súa exclusión das normas do mercado interior”.

A través da web da iniciativa ‘www.right2water.eu‘ está a levarse un rexistro previo das persoas interesadas en participar.

ESQUERDA UNIDA SÚMASE AO DIA MUNDIAL DA AUGA (XOVES 22 DE MARZO) DEFENDENDO A REMUNICIPALIZACIÓN DA AUGA E O SANEAMENTO EN VIGO

EU sacará mañá XOVES 22 á rúa de novo mesas para recoller sinaturas pedindo O REFERENDO MUNICIPAL sobre a prórroga a AQUALIA e defendendo unha xestión pública e eficaz do suministro de auga e o seneamento en Vigo

A área comarcal de Medio Ambente de EU de Vigo considera que a Declaración da Esquerda Europea con ocasión do Foro Alternativo Mundial da auga celebrado en Marsella, Francia, do 14 ao 17 de marzo de 2012 é a demostración de que hai un forte movemento social comprometido na defensa dos recursos naturais e os bens comúns da humanidade, onde destaca de forma especial a auga, un recurso vital e escaso. O FORO suliñou que do mesmo xeito que o aire, o sol e os bosques, a auga é un recurso da humanidade que debe preservarse para manter os ecosistemas que permiten a vida sobre a Terra. A auga non é, en ningún caso, unha mercadoría.

EU defende con firmeza o dereito inalienable ao auga como dereito humano e ben común da humanidade, comprometida na loita por lograr a propiedade e xestión pública da auga e dos servizos de saneamento que eviten a degradación e faciliten a reutilización deste recurso. A crise actual do capitalismo neoliberal pon en perigo o conxunto dos recursos naturais e os bens de propiedade común. Vemos, por exemplo, aos gobernos europeos utilizar a crise como pretexto para establecer un proceso brutal de privatizacións sen límite e en todos os ámbitos. Converteron a débeda pública na punta de lanza do mecanismo destinado a privatizar todo o público, como nos mostra con toda crueza o caso de Grecia, onde en dous meses privatizaranse todas as entidades públicas que xestionan a auga.

Para EU, a implicación da cidadanía, como usuarias da auga, das asociacións ecoloxistas, dos sindicatos, das asociacións veciñais e das administracións públicas locais, é un obxectivo esencial na loita contra a ameaza de privatización. Por iso apoia a ampla loita social que se desenvolve en Europa en defensa da auga e, sobre todo, apoia o método do referendum promovido desde a base da sociedade que abre a consulta a toda a cidadanía sobre a propiedade e xestión pública da auga (Italia, Portugal, España, Francia,).

Todos os partidos de esquerda reunidos en Marsella consideran que só un verdadeiro servizo público pode garantir o dereito á auga. Este servizo público ten que fundarse sobre unha organización descentralizada e controlada localmente polos plenos municipais e parlamentos autonómicos, acódelas usuarias e o mundo do traballo. Isto non pode ser realizado máis que co soporte financeiro do estado nos ámbitos autonómicos, estatais e europeos, colectivizando os medios para facilitar a repartición de cargas de forma xusta e solidaria, con acceso universal e equitativo á auga e ao saneamento independentemente do lugar onde se viva, creando a formación profesional regulada na área do coñecemento relativa á auga e desenvolvendo a investigación científica pública neste terreo xa que hoxe está acaparada pola multinacionais da auga. Na práctica, o devandito tradúcese na garantía de acceso á cantidade mínima de auga que necesita cada persoa para vivir (50 litros de auga por día e persoa segundo a recomendación de Nacións Unidas), e nunha xestión que diferencia os usos da auga (domésticos, agrícolas, industriais, de luxo,…) como resposta ao interese xeral da cidadanía.

EU considera que o exemplo da xestión da auga en Vigo, privatizada e xestionada pola empresa AQUALIA, fai necesario abordar xa a nivel local estas ideas que están extendéndose por toda europa de defender un modelo público, eficiente e medioambientalmente sostible.

ÁREA DE MEDIO AMBIENTE DE EU VIGO

%d bloggers like this: