Carta á veciñanza

Prezada veciña, prezado veciño:

Vivimos tempor para adoptar decisións valentes. Os nosos gobernantes, meros administradores deste inxusto sistema capitalista, en lugar de defendernos están a recortar os nosos dereitos amparándose na crise. Xa que logo, as conquistas acadadas con moitos anos de loita e esforzo están a esfumarse diante dos nosos ollos: a contrarreforma laboral, o empeoramento das nosas condicións laborais, a lesiva reforma das pensións, os recortes en servizos sociais, as reducións salariais ou as privatizacións dos servizos públicos, son exemplos ben significativos.

 Aínda que todos estamos indignados diante desta situación, ninguén actúa. Máis Esquerda Unida afirma que hai alternativa, que existe unha forma distinta de facer política, que si podemos aspirar a un modelo de vida máis xusto, sostíbel e solidario. En definitiva, un modelo centrado en nós, as persoas.

 Temos a firme vontade política de avanzares na democracia participativa porque cremos que outra política é posible si se desenvolve entre todos e todas. Por iso, avanzaremos na participación cidadá mediante orzamentos participativos para que a veciñanza decida os investimentos do seu barrio.

 Entendemos que o concello, como a Administración máis cercana á cidadanía, ten moito que dicir na reactivación económica local e no cambio do modelo produtivo cara a unha economía verde menos dependente do petróleo que permita a creación de emprego estábel, de calidade e cun salario digno.

 Apostamos polo público como garante social para asegurar a soberanía alimentaria da nosa veciñanza, a universalización dos servizos sociais e o acceso a unha vivenda digna para todos e todas. É decir, recuperar o estado do benestar mediante unha Administración eficaz e austera que sexa quen de redistribuír a riqueza.

 Loitamos por acadar o respecto entre as persoas e a igualdade de posibilidades, sen importar sexo, raza, nivel, económico ou lugar de procedencia.

 En Esquerda Unida loitamos para que as mulleres sexan protagonistas da política municipal, para que produzan feitos reais que cambien as nosas vidas e a sociedade. As nosas políticas de igualdade son tendentes a producir o empoderamento social das mulleres.

 Pulamos pola democratización da cultura para que sexa accesíbel a todas e todos mediante a sús descentralización cara os barrios e a promoción de talentos locais.

 Desenvolvemos un urbanismo racional e sustentábel xunto cunha movilidade universal para vivir en equilibrio co nos aterra.

 Defendemos a política coma ferramenta ao servizo da cidadanía para mellorar a calidade de vida da veciñanza. Estamos construíndo alternativa, a alternativa das persoas.

 O 22 de maio, atrévete e defende os teus dereitos.

Contamos coa túa forza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: