O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO ABANDONA O SALÓN DE PLENOS POLO USO PROPAGANDÍSTICO E PARTIDARIO QUE SE LLE ESTÁ DANDO AO QUE DEBERÍA SER UN ESPAZO DE EXPRESIÓN POLÍTICA E DEMOCRÁTICA DA CIDADE.

O voceiro do Grupo Municipal, Rubén Pérez, expuxo hoxe os motivos polos cales o Grupo Municipal da Marea de Vigo decide abandonar o Salón de Plenos tras a dobre convocatoria de plenos extraordinarios feita polo PP e polo PSOE.

Rubén Pérez destacou que o Pleno foi perdendo funcións desde que existe a lei de grandes cidades e a maior parte dos temas non pasan por este órgano, certo é que “incluso os acordos unánimes que se toman neste Pleno quedan no limbo precisamente porque se lle quitan garantías aos acordos plenarios”. Así, Rubén Pérez afirmou que “o que se está a facer hoxe é darlle unha puñalada máis ao Pleno deste Concello, que debería de ser o máximo órgano de representación democrática da cidade. Por tanto, deberíamos pedirlle perdón a esta cidade por convocar dous plenos en réxime de contraprogramación.”

Con respecto ás cuestións levadas ao pleno, o Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que non está xustificada a convocatoria de dous plenos para falar dunha infraestrutura como Balaídos. “Hai temas nesta cidade suficientemente urxentes como para que se fagan plenos monográficos, e a cuestión de Balaídos pode ser perfectamente tratada nun pleno ordinario, coas intervencións de fóra que sexan necesarias, pero nun pleno ordinario que conteña a documentación pertinente para abordar o tema” sentenciou Rubén Pérez.

Marea de Vigo sinala que “se pode estar un mes mais falando de Balaídos, así como un mes mais sen un informe xurídico que diga se realmente se pode acometer a reparación, se se pode manter un convenio como o que existe actualmente, ou se realmente se pode presentar a alternativa da construción dun novo estadio. Incluso sería útil saber se a proposta do RC Celta que chegou aos grupos municipais pode ter base xurídica”. Polo tanto, “estes plenos carecen de contido, ao igual que os acordos que neles se tomen, posto que usamos a institución como un mero intercambio de posicións mediáticas e non de posicións políticas”, manifestou o voceiro de Marea de Vigo.

En todo caso, o grupo municipal de Marea de Vigo pide que se faga unha reflexión colectiva, e que, dunha vez por todas, o pleno sexa útil, democrático e non se convirta, por enésima vez, nun espello da clase política que hai nesta cidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: