MAREA DE VIGO CONSIDERA UN ESCÁNDALO O SISTEMA QUE O CONCELLO DE VIGO TEN ORGANIZADO PARA OS REFORZOS E HORAS EXTRAS NO CORPO DE BOMBEIROS.

bomberosO Grupo Municipal da Marea de Vigo cualifica de auténtica “trama organizada” o reparto de miles de horas extras de traballo e “agora entendemos porque tanto interese en atrasar as ofertas públicas de emprego no corpo”.

As declaracións do Alcalde sobre a reparación dun edificio público, cualificándoo como “funcións dos bombeiros” son rotundamente falsas e contradín o propio Regulamento do corpo de bombeiros.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo afirma que non se trata de acontecementos illados, xa que o acontecido no corpo de bombeiros con respecto as obras do estadio de Balaídos nos pasados días é soamente un exemplo mais que ven a responder a unha serie de dinámicas de carácter arbitrario que se están dando en mais dunha área deste Concello dende hai xa uns anos.

Froito destas dinámicas é, por exemplo, o atraso das oposicións públicas dende a oferta 2010-2011 ata o punto de deixalas caducar, para o que tivo que ser necesario un recurso dos sindicatos cuxa sentenza provocou que recentemente se sacasen esas prazas; mentres tanto, e durante todos eses anos, miles de euros se gastaron en produtividades de dubidosa legalidade laboral en moitos casos e case sempre, por suposto, asignadas de xeito arbitrario.

Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, afirma que “un Goberno progresista non pode converter os cadros de persoal municipal en man de obra desregulada para empregar nos caprichos ou incompetencias dos cargos institucionais, creando ademais un sistema de castigo/premio nos mesmos”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: