MAREA DE VIGO APOIA O CADRO DE PERSOAL DO AEROCLUB NA SÚA LOITA POLA DEFENSA DOS SEUS POSTOS DE TRABALLO E PIDE QUE O CONCELLO ASUMA O PAPEL DE MEDIADOR PARA SOLUCIONAR O CONFLITO NO ALUGUER DOS TERREOS

Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, resulta lóxico e de xustiza poñerlle fin ao agravio que existiu ata agora con eses terreos expropiados inxustamente no réxime franquista, pero non é xustificación para que a directiva actual da Comunidade de Montes de Cabral esixa un prezo desorbitado, acción que, de non cambiar, implicaría o cese de actividade do recinto coa consecuente perda dos postos de traballo.

Para resolver esta situación, a Marea de Vigo considera que se podería facer unha taxación independente sobre o valor deses terreos no seu estado actual e a partir de aí, contando coa participación do Concello como mediador, negociar tendo en conta, sempre, e de xeito primordial, a defensa dos postos de traballo e as posibles vías de solución. O que é inexorable, e que 25 familias que hoxe dependen economicamente dos seus postos de traballo no aeroclub non poden ser as que paguen as consecuencias deste conflito.

Ademais, a Marea de Vigo considera que todas as comuneiras e comuneiros deben ser conscientes da situación, posto que as accións da súa directiva poden resultar determinantes no futuro destas persoas, alén do futuro que poden ter eses terreos.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo pide por tanto que o Goberno Municipal reciba ao colectivo de traballadores e medie entre a empresa e a Comunidade de Montes co obxectivo de salvagardar os postos de traballo e apoia ao colectivo que mañá as 12 se manifestará diante do Concello.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: