O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO SE FELICITA QUE AVANCEN OS ACORDOS SOBRE A PANIFICADORA PERO A DECISIÓN SOBRE O QUE VAI CONTER DEBE SER DA CIDADANÍA DE VIGO

panificadoraConsidera que hai que abrir o debate social sobre que necesidade de espazo público precisa Vigo, e esa decisión condicionaría o concurso de ideas arquitectónico. Unha convocatoria do Consello Económico e Social para artellar ideas sería o idóneo.

O Grupo Municipal considera que as profundas eivas en dotacións públicas dirixidas ao tecido asociativo da cidade, dende locais propios a espazos de uso común, requiren que o Concello priorice determinados usos da antiga panificadora antes de abrir o concurso de ideas arquitectónico xa que, non é o mesmo rehabilitar un espazo industrial para ser un centro comercial que unha biblioteca ou auditorio público.

Do mesmo xeito, tamén cree que un escenario para trasladar propostas e abrir o debate cidadá pode ser o Consello Económico e Social da cidade, xa que pode chegar a un consenso máis amplo e representativo que unha comisión paritaria “monocolor” do concello (so hai presencia do grupo do goberno) e da Zona Franca.

De igual modo, existe toda unha serie de demandas históricas do movemento asociativo de Vigo expresadas ao longo dos anos que poden ser perfectamente acubilladas no futuro contedor da Panificadora: dende a Casa da Solidariedade que nos anos 90 reclamaban diversas asociacións culturais, sociais, etc… ate un novo espazo veciñal cooperativo que dinamice o entorno do centro da cidade.

Este uso pode perfectamente ser encaixado co emprazamento dunha biblioteca estatal ou mesmo dependencias municipais que por exemplo, permitan ampliar os espazos dos diversos servizos municipais hoxe limitados pola falla de espazo no edificio actual. O que si que hai que descartar xa son proxectos arquitectónicos froito doutra época deste país no que os Calatrava ou os Moneo poñían nun papel un proxecto sen ter en conta os custes de edificación ou mesmo os usos máis aló do “aspecto arquitectónico”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: