O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA DE VIGO LEMBRA QUE O CADRO DE PERSOAL QUE ESTABA NOS APARCADOIROS DA PORTA DO SOL E A PRAZA DE PORTUGAL SEGUEN NA MESMA SITUACIÓN UN ANO DESPOIS DO PECHE, E SEN VISTAS DE SOLUCIÓN A PESARES DO ACORDO PLENARIO DE DECEMBRO DO ANO PASADO.

parkingMarea de Vigo seguirá apoiando a loita deste colectivo, que, froito dunha pésima xestión por parte do Goberno Municipal, perderon os seus traballos.

O pasado 30 de setembro fixo xa un ano que, da noite a mañá pecháronse as portas do aparcadoiro da Porta do Sol. Rematada a prórroga da concesionaria, o concello non tiña nin aberto o proceso para a nova adxudicación. Un mes mais tarde, o mesmo acontecía no caso da Praza de Portugal, neste caso ademais, despois de varias prórrogas, tendo máis que tempo suficiente para prever esta situación.

Ó Grupo Municipal da Marea de Vigo lle resulta “curioso” que para certas concesións, este goberno municipal sexa quen de facer as mil e unha voltas para cumprir os prazos e prever situacións como a que está a acontecer nestes dous aparcadoiros, cando, neste caso, o proxecto de adxudicación para a Porta do Sol non se moveu un ápice dende que se publicou o anuncio, no pasado mes de abril. O da Praza de Portugal, en suspensión por causa dos recursos interpostos sobre o concurso.

Todo isto fai pensar que, quizais o motivo desde desastre xusto nestas dúas concesións, sexa que, mentres estes aparcadoiros permanezan pechados, outros estanse a facer de ouro. Resulta unha práctica xa habitual neste concello que se fagan as cousas ó arbítreo dos intereses que se poidan ter nunha ou outra concesión pública, resultando isto, outra vez, un “xogar cos cartos” de todas e todos que nalgún caso xa coñecido rematou con representantes institucionais nos xulgados.

Marea de Vigo presentou no pasado mes de decembro unha moción no pleno do concello onde se pedía a asunción e garantía da subrogación destes cadros de persoal, con independencia do tempo que pasase entre contratas. Esta moción foi aprobada por unanimidade, con toda certeza de que, por parte do grupo socialista, foi a sabendas de que isto non se ía facer realidade, posto que, en todo este tempo, e froito de procesos xudiciais, a situación dos cadros de persoal xa sería de despedimento e poderían amarrarse a iso para non cumprir os acordos.

Tal e como xa expresou o Grupo Municipal da Marea de Vigo noutras ocasións, Marea de Vigo segue defendendo a remunicipalización dos aparcadoiros, a través dunha empresa pública, onde sexa subrogado o cadro de persoal. E, no caso da non remunicipalización, a garantía da subrogación do mesmo con todos os dereitos e nas mesmas condicións laborais que tiñan ata o de agora, tal e como, xa nun acordo plenario do ano 1996 tomado por unanimidade quedaba reflectido.

As e os traballadores destes servizos non deben ser quen de asumir os erros e malas xestións das entidades públicas responsables, ademais de considerar que a solución a este problema, como de moitos outros, non é mais que unha cuestión de vontade política, e, tamén como noutras ocasións, de coherencia con quen se di socialista e defensor dos dereitos das e dos traballadores.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: