MAREA DE VIGO APOIA TODAS AS INICIATIVAS DE SOLIDARIEDADE A TRAVÉS DE ASOCIACIÓNS E ORGANIZACIÓNS QUE ESTANSE A MOBILIZAR ANTE A GRAVE SITUACIÓN QUE ESTÁN A VIVIR MILLEIROS DE PERSOAS REFUXIADAS ÁS PORTAS DE EUROPA

logowebO Grupo Municipal da Marea de Vigo, así como xa moitas organizacións sociais, sindicais e políticas están facendo, condena a actitude da UE e considera que, tal e como xa aconteceu noutros momentos da historia, é a solidariedade entre os pobos e as persoas, canalizado a través de diversas organizacións de diferentes ámbitos, o único elemento de axuda real ante situacións de emerxencia vital como a que están sufrindo millóns de persoas nestes momentos, ante a nula eficiencia das institucións.

O pasado setembro do ano pasado a Marea de Vigo presentaba unha moción de urxencia para declarar Vigo cidade solidaria coas persoas refuxiadas, esta moción foi transaccionada por unha declaración institucional co apoio do Grupo Municipal da Marea. Marea de Vigo lémbralle ao goberno municipal que non desenvolveu ningún dos acordos da declaración institucional sobre as persoas refuxiadas aprobada en setembro do ano pasado e pídelle o goberno municipal a construír xa a mesa de traballo permanente que se acordou para que, entre todos os grupos articulemos as ferramentas de axuda que se poidan dar desde aquí, mesmo complementar as organizacións que xa están traballando dende fai tempo con este obxectivo. Presentar e aprobar mocións no pleno sen levar a cabo o que se aproba é unha auténtica falacia e demostra unha praxe profundamente antidemocrática non aplicando os acordos do máximo órgano de representación da cidade.

Ruben Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo di que “Estamos máis que acostumados a escoitar ao alcalde opinar sobre os máis diversos temas que non teñen nada que ver coas competencias municipais, sen embargo, despois de ter aprobada unha declaración institucional sobre o apoio as persoas refuxiadas, atopámonos con que o único que declara sobre este tema é que non está de acordo coa retirada da bandeira da UE da fachada do Concello. O alcalde da nosa cidade ignora deliberadamente os acordos do noso Concello e atrevese a criticar as accións, así sexan só simbólicas, que realizan noutros Concellos mentres el non cumpre cos acordos do pleno que representa a todas/os vigueses”.

Pola súa parte, o concelleiro do GM da Marea de Vigo, Xosé Lois Jácome, considera que “unha vez máis atopámonos con grandes declaracións do goberno municipal que se quedan en nada. Na declaración institucional acordase constituír unha mesa de traballo permanente para desenvolver iniciativas en apoio as persoas refuxiadas. Dende este órgano deberían saír tanto iniciativas concretas de axuda humanitaria, como as máis que necesarias criticas a infamia que supón a actitude da UE respecto a esta crise. Sen embargo, non se deu nin un paso cara a constitución deste grupo de traballo nin a desenvolver ningún dos outros acordos que se aceptaron por unanimidade no pleno”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: