MAREA DE VIGO, ANTE A NOVA INXECCIÓN DE RECURSOS PÚBLICOS Á CONCESIONARIA PRIVADA DOS APARCADOIROS DE JENARO DE LA FUENTE, CASTELAO E ROSALIA 1.6 MILLÓNS DE EUROS ANUAIS ATE O 2019 (UN TOTAL DE 6.4 MILLÓNS DE EUROS), PIDE XA UN ESTUDO SERIO DA REMUNICIPALIZACIÓN DOS MESMOS MESMO ASUMINDO O CUSTO DO RESCATE.

logowebRubén pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, alerta que de novo a concesionaria, unha vez pasado o concurso de acredores, pide cambios no contrato de concesión e compesacións económicas que suporán 1,6 millóns de euros cada ano entre 2016 e 2019 (6.4 millóns en total).

Para Rubén Pérez, cando a concesionaria ameazara con pedir a resolución do contrato en 2013 (que levaría consigo que se reintregraran as inversións feitas) era un bo momento para “estudar en canto tempo se amortizarían estes importes xestionando directamente os tres aparcadoiros, abaratando mesmo os prezos para aumentar o número de usuarios tanto residentes como de rotación”.

Marea de Vigo pregúntase “se nalgún momento alguén pensou en que unha xestión pública permitiría abaratar o custo, crear máis ingresos e amortizar os 17 millóns que intervención calcula para executar o contrato e xestionar dende o público os tres aparcadoiros. O desastre da concesión, construción e xestión destes tres aparcadoiros públicos non pode significar que estemos en débeda permanente cunha concesión mal plantexada e artellada no seu día”.

Ademais Marea de Vigo entende que o importe das inversións feitas polo Grupo Puentes no seu día tería xa amortizacións feitas polos ingresos da xestión dos mesmos e que en ningún caso podería ser o 100×100 da inversión o que o Concello tivese que soportar no caso de executar o contrato e remunicipalizar os tres aparcadoiros.

Se a concesión do lote foi como argumenta a empresa e de facto asume o Concello un “fracaso económico” Marea de Vigo entende que “existirán responsabilidades políticas e de xestión ao ofertar prezos pouco competitivos que entre outras cousas significaron que das 277 prazas postas para residentes nin o 10% se cubriran ao ser o prezo sensiblemente maior que o de mercado. “Parece que a concesionaria ten agarrado polo pescozo ao concello e pode en cada momento esixir cousas pola nefasta xestión da creación destes aparcadoiros feita no seu día polo goberno do PP de Corina Porro e sen propósito de emenda coa entrada no goberno en 2007 de Abel Caballero.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: