MAREA DE VIGO CUALIFICA DE “VERGOÑENTO E INDECENTE” O PAPEL DO ALCALDE DE VIGO ESTAS SEMANAS UNHA VEZ QUE O PROPIO PSOE PRESENTA UNHA EMENDA Á TOTALIDADE NO PARLAMENTO DE GALICIA AO PROXECTO DE LEI DE MEDIDAS EN MATERIA DE PROXECTOS PÚBLICOS DE URXENCIA CO CONTIDO DAS DEMANDAS DE MAREA DE VIGO.

logowebO voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera un auténtico disparate político as acusacións verquidas nestes días polo alcalde de Vigo contra AGE e MAREA DE VIGO de suposto “antiviguismo” por pedir exposición pública e período de alegacións para calquera proxecto tramitado por esta vía.

Segundo Rubén Pérez, é curioso ver como o grupo parlamentar do PSdG-PSOE emenda á totalidade a postura do alcalde de Vigo, que queda sen argumentos e cun papel nefasto como incendiario populista que aproveita politicamente mesmo algo tan serio como os empregos da PSA .

A emenda á totalidade que presentou o PSdG-PSOE propón un período de exposición pública de 20 días e un prazo de alegacións que foi dende o minuto 1 a demanda principal que Marea de Vigo expresou publicamente. Esta proposta do PSdG coincide coa que Alternativa Galega de Esquerda formulou para o seu debate hoxe no pleno do Parlamento de Galicia.

Marea de Vigo, funciona con criterios de rigorosidade sen caer en estratexias de descualificacións absurdas como o delirante discurso do alcalde. Dende o primeiro momento da aparición da proposta de modificación do artigo 144 da lei do solo e posterior conversión en proposta de lei, anunciamos que esta vía significaba abrir a porta en todo o país á “discrecionalidade” na construción de infraestruturas, aínda contra o planeamento, e co simple requisito de que sexan declaradas de interese xeral e a emisión de informes sectoriais.

Polo tanto, Marea de Vigo considera xa un “auténtico chiste” que o propio PP emende ao Goberno da Xunta e pida tamén un período de exposición pública de 20 días e alegacións.

En todo caso Marea de Vigo considera que os proxectos deberán ser sometidos a AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA tal e como figura na emenda presentada por AGE, xa que entendemos como insuficiente una avaliación de impacto ambiental.

Do mesmo xeito, Marea de Vigo se congratula de que, finalmente, o sentido común chegara en forma de emenda por parte de PsdG-PSOE e PP e pide que no futuro non se repita a mesma situación que non causa outra cousa que dilatación no tempo en asuntos tan urxentes e fundamentais como o urbanismo e o desenvolvemento industrial no pais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: