RUBÉN PÉREZ: “É IMPORTANTE QUE SE AVANCE PARA A REDACCIÓN DO NOVO PXOM PERO TERÁN QUE ARTELLAR QUE O PROCESO INICIAL SEXA PARTICIPATIVO”

Concello_de_VigoSe pretendemos un “corta e pega” do anulado teremos un PXOM insostible e pensado para o urbanismo da burbulla inmobiliaria.

O voceiro municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, considera que teñen que existir modificacións substanciais en canto a edificabilidades, sustentabilidade e que é preciso “repensar o modelo de cidade” nun momento no que as previsións de crecemento do PXOM de 2008 están desfasadas.

Todos estes antecedentes xustifican a posición que a Marea de Vigo mantivo dende xa o primeiro momento de coñecerse a sentencia anulatoria de que as bases do plan do 2008 non valen para a redacción do novo plan polo que hai que replantalo xa dende o principio (dimensión demográfica, social, de expansión ou contracción “edificatoria”…).

Para Rubén Pérez, “so un novo PXOM que poida ser susceptible de aprobación despois da Avaliación Ambiental Estratéxica garante seguridade xurídica”. Defendemos que hai que traballar dende xa no modelo de cidade que queremos para Vigo, lonxe dos parámetros do plan aprobado no 2008 pero con fondas raíces na cultura do pelotazo urbanístico que desenvolveuse neste país a partir da década dos 2000.”

Marea de Vigo defende traballar xa nun estudo económico financeiro, sociolóxico, de planeamento urbanístico e medio-ambiental rigoroso que preconfigure os traballos de redacción dun PXOM acorde a realidade da cidade de Vigo, ao seu crecemento normal, e especialmente sensible coa participación e opinión da cidadanía.

Para a Marea de Vigo os pasos substanciais a tomar para o novo PXOM pasan por:

  1. Concurso público ou asunción por parte da xerencia de urbanismo con recursos propios da contratación dos traballos para a redacción de un novo PXOM
  2. Proceso participativo previo para o diagnóstico socio-ambiental, económico e territorial do modelo de cidade que queremos e especialmente da Memoria Informativa do mesmo
  3. Participación aberta e horizontal cidadá nesta fase na que defenderemos emendar á totalidade o PXOM en canto a edificabilidades, eliminación de ámbitos perigosos como Liñeiriños, rolda, etc…
  4. Proceso transparente en todos os procesos de elaboración do PXOM
  5. Consello sectorial municipal de seguimento do PXOM
  6. Comisión municipal específica
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: