MAREA DE VIGO NON DESCARTA QUE O ANTIGO HOSPITAL XERAL POIDA ALBERGAR A FUTURA CIDADE DA XUSTIZA PERO PIDE CLARIDADE NA PROPOSTA DA XUNTA E SUPEDITALO A ALTERNATIVAS QUE AUMENTEN O NÚMERO DE CAMAS HOSPITALARIAS NA CIDADE.

logowebMarea de Vigo non entende como, de súpeto, o edificio pasa de ser “non reutilizable como espazo público hospitalario” a susceptible de selo como edificio xudicial .

Marea de Vigo lembra que foron informes previos do Sergas e da Xunta os que recomendaban o derribo do edificio polo que a súa reforma e “reutilización” para agrupar os edificios actuais e as necesidades xudiciais de Vigo tería que concretarse cun estudo técnico antes de desactivar a actual proposta de localización da cidade da xustiza unha vez vendido patrimonio público para expropiar os terreos.

Marea de Vigo pide un traballo coordinado entre a Tesorería da Seguridade Social, Xunta de Galicia e o Concello para estudar tanto o formato de cesión do edificio á administración autonómica, como adaptar a normativa urbanística ao estar anulado o PXOM en Vigo e especialmente os prazos de execución da obra.

En todo caso Marea de Vigo considera que a Xunta de Galicia debería compensar economicamente ao Concello de Vigo pola perda de varias vivendas de titularidade municipal que foron vendidas en poxa pública para obter recursos económicos para afrontar as expropiacións. Marea de Vigo propón, se finalmente se desbota o uso para espazios xudiciais, empregar eses terreos obtidos pola venta de vivenda pública, á construción de vivenda de protección social que queden en titularidade municipal como inicio dun parque público de vivenda de emerxencia social. Mesmo Marea de Vigo entendería como positivo que a Xunta adquira os terreos ao Concello de Vigo polo valor da expropiación pagada.

Marea de Vigo considera que sería un erro terrible para a cidade empezar de novo un peloteo entre administracións para a localización das futuras dependencias xudiciais especialmente agora que estabamos preto dunha solución real coa cesión dos terreos á Xunta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: