MAREA DE VIGO CUALIFICA DE MOI POSITIVA E CLARIFICADORA A XUNTANZA COA DIRECCIÓN DE PSA E PIDE AO ALCALDE “INFORMARSE BEN DAS NECESIDADES DA PLANTA”

citroenMarea de Vigo cualificou de “irresponsables as declaracións do Alcalde ligando a ampliación á chegada de novos modelos antes do 2019, cousa que non parece ser o problema senón a posibilidade de reordenar o espazo dentro dos límites actuais”

No día de hoxe o Grupo Municipal da Marea de Vigo, xunto co deputado de AGE Antón Sánchez, mantiveron unha xuntanza coa dirección da PSA co obxectivo de clarificar a situación despois da anulación do PXOM e co debate que se está dando na Xunta sobre a modificación da Lei do Solo.

Marea de Vigo agradece a explicación que a dirección da PSA aportou sobre as necesidades urxentes da planta de Balaídos, que non se corresponden cunha ampliación dos limites actuais da fabrica, senón que afectan a reorganización de espazos dentro dos limites xa existentes. Estes cambios quedan sen cobertura ante a anulación do PXOM de Vigo, a reorganización que pide con urxencia PSA, non ten nada que ver coa ampliación da mesma cara Matamá; e considera urxente permitir unha saída a esta situación para a que non sería necesaria unha modificación da lei do solo.

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, pide diálogo entre as forzas políticas no Concello de Vigo cara a chegar a un consenso para resolver esta situación, partindo tanto da realidade sobre as necesidades da planta, como da legalidade urbanística, existindo fórmulas e instrumentos como os “proxectos de incidencia supramunicipal”, recollidos xa na lei de ordenación do territorio de Galicia dende o 1995, sen necesidade de hipotecar o futuro do urbanismo en todo o territorio do pais cunha modificación que pode ter graves consecuencias legais.

A Marea de Vigo pide encarecidamente ó Goberno Municipal seriedade e responsabilidade á hora de abordar esta cuestión, deixando de lado “cortoplacismos” por motivos publicitarios (que xa comprobamos a longo prazo acaban en anulacións de plans urbanísticos), e así demostre que realmente se preocupa polo futuro industrial da cidade, co rigor e a seriedade que merece. A Marea de Vigo considera que a “incontinencia verbal” de Abel Caballero nos medios de comunicación, ademais de crear desinformación, confusión e “medo” na cidadanía, só se pode entender dende unha perspectiva electoralista e populista, a que xa estamos todas e todos acostumadas/os, polo cal lembrámoslle que cambie de rexistro, posto que non estamos falando dun asunto da relevancia da “descendencia dos dinosetos” senón do desenvolvemento industrial de Vigo con todo o que conleva.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: