MAREA DE VIGO VOTA AFIRMATIVAMENTE A PROPOSTA DA VICEPRESIDENTA DA XERENCIA DE URBANISMO QUE DI QUE HAI QUE PRESENTAR UN NOVO PXOM PERO DISCREPA QUE AS BASES DO MODELO DE CIDADE DO 2008 SIRVAN DE MODELO INICIAL.

marea-descartaMAREA DE VIGO PIDE QUE A FASE PREVIA Á APROBACIÓN INICIAL DO NOVO PXOM “EMENDE O MODELO DE CIDADE EXPANSIVO, INSOSTIBLE E CON PROXECCIÓNS DEMOGRÁFICAS E DE CAPACIDADES RESIDENCIAIS DESPROPORCIONADAS”

MAREA DE VIGO PRESENTOU TAMÉN UN INFORME FEITO POLA CONSULTORA ESPUBLICO QUE DI QUE SE TEÑEN QUE DEVOLVER OS IMPORTES DO IBI RÚSTICO CONVERTIDO EN URBANO E PIDE XA ACTUAR ANTE A OFICINA DO CATASTRO, ADEMAIS DE SOLICITAR INFORMACIÓN AOS VECIÑOS E VECIÑAS .

O voceiro municipal da MAREA DE VIGO Rubén Pérez, sinalou hoxe en rolda de prensa que o grupo municipal da MAREA DE VIGO vota afirmativamente á redacción dun novo PXOM no consello da xerencia de Urbanismo, pero que incorporar o modelo de cidade do 2008 cunha previsión de crecemento demográfico para 400.000 habitantes en 25 anos, cunha edificabilidade máxima que supón que se precisan máis de 100.000 vivendas novas (40.000 xa nos primeiros 10 anos de vixencia do plan dos que xa se consumiran 6 sen chegar nin de lonxe a esta cifra), non se axusta a realidade da cidade.

MAREA DE VIGO pide que o modelo de cidade quede perfectamente emendando no novo PXOM, eliminando fichas como a de Liñeiriños, evitando a degradación total da superficie rústica de Vigo substituída por usos residenciais e sen zonas verdes que sexan de orixe natural, cun ordenamento dos usos do solo sen eliminar o 17% da superficie forestal de Vigo, cunha política de ordenación efectiva do solo industrial e con alternativas de futuro de rehabilitación dos cascos históricos da cidade, Berbés, Casco Vello e Bouzas.

MAREA DE VIGO tamén anunciou que os informes solicitados á consultora ESPUBLICO indican claramente que no caso do IMPOSTO DE BENS INMOBLES que de clasificados como rústicos pasaron a urbanos durante os anos de vixencia do PXOM sen ter planeamento, o cobro dos recibos como urbanos ten que ser anulado e devoltos os importes.

O informe deixa claro que se constitúen padróns diferenciados para os bens cualificados como rústicos e para os cualificados como urbanose, e dado que a cualificación de natureza urbana implica repercusións económicas máis gravosas para os suxeitos pasivos do IBI e dado que por mor da anulación do plan, a cualificación de fincas urbanas non tería lugar en dereito, o Concello tería que comunicar esta cuestión á delegación de catastro, encargada ao fin de determinar o valor catastral dos inmobles. Unha vez coñecido un diferente valor catastral teñen que anularse as liquidacións no seu día practicadas notificando as procedentes e devolvendo a parte satisfeita en excedencia a través da institución de ingresos indebidos.

O informe conclúe que “entendemos procederá notificar á catastro o acontecido, no seu caso a efectos de que se determine unha diferente valoración catastral das parcelas e anúlense consecuentemente liquidacións do IBI anteriormente xiradas”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: