MAREA DE VIGO PIDE AO ALCALDE QUE POÑA OS MEDIOS E RECURSOS PARA REDACTAR XA UN NOVO EN VEZ DUNHA CAMPAÑA PUBLICITARIA PARA TENTAR AMOSAR QUE A NULIDADE DO PXOM DO 2008 É UN PEQUENO ATRANCO SEN IMPORTANCIA.

logowebRUBÉN PÉREZ: “A REDACCIÓN DUN NOVO PXOM É ALGO SERIO COMO PARA PENSAR QUE SE SOLUCIONA EN CATRO XUNTANZAS DE CAFÉ”

O voceiro municipal da MAREA DE VIGO Rubén Pérez, pide concreción nos prazos de redacción, en como se van solucionar os trámites ambientais e para iso, que modificacións sustanciais teñen que artellarse no planeamento. MAREA DE VIGO sí que considera que é preciso “repensar o modelo de cidade” porque é precisamente o modelo de cidade o que anulou de facto o PXOM ao pretender os sucesivos gobernos municipais “saltarse” o sometemento do plan a Avaliación Ambiental Estratéxica.

O voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO Rubén Pérez, lembralle ao alcalde que “saltarse os procesos de aprobación inicial, alegacións e non facer un rigoroso estudo económico-financeiro do plan” sería cometer os mesmos erros que levaron a centos de veciños e veciñas a presentar máis de 61.000 alegacións. Mesmo 21.000 sinaturas pediron que mediante referendo municipal se aprobase ou non o novo PXOM.

Non pode sosterse nun novo PXOM o mesmo nivel de edificación, a proposta de crecemento da cidade e o número de vivendas que se precisan, algo que quedou demostrado no período de vixencia do PXOM como “delirante e desproporcionado”, mesmo a cantidade de superficie rústica que cambia de clasificación e convertía nunha “barra libre edificatoria a cidade”. 123.000 novas vivendas que inclúen as previsións do PXOM do 2008, 32 millóns de metros cadrados do rural vigués a urbanizar, a desaparición do 60% dos solos agrícolas de Vigo, “son auténticos disparates a luz dos datos económicos e demográficos da actualidade”.

MAREA DE VIGO pide xa a apertura do concurso público para a contratación dos redactores do novo PXOM e a concreción dos espazos de participación cidadá que se van dotar para que todos os vigueses e viguesas podamos opinar sobre en que Vigo queremos vivir.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: