RUBÉN PÉREZ “NON QUEREMOS QUE AQUALIA PAGUE NADA, QUEREMOS QUE DEIXE DE XESTIONAR A AUGA DE VIGO E DE LUCRARSE CO RECIBO INXUSTO QUE AGORA PAGAMOS”

dinosetoO voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo cualifica de “esperpénticas” as declaración do Concelleiro Font e considera que se a ampliación de 5 anos máis unha concesión que tarifica un consumo mínimo de 30 metros cúbicos ten un retorno para a cidade de unha ducia de setos ornamentais estamos “aviados”.

Marea de Vigo considera que de xeito directo ou indirecto, ao final se lle acaban consignando recursos públicos sen concurso e negociación a esta empresa chamada Xaroc.

Rubén Pérez, voceiro municipal da MAREA DE VIGO, acusa a AQUALIA e o Concello, de estar montando sistematicamente unha calculada cortina de fume sobre a xestión privada do subministro de auga e saneamento en Vigo.

Lembra que, inversións en humanizacións, subvencionar festas parroquiais ou agora encher Vigo de setos decorativos cun mantemento continuo, non son as función dun operador privado dunha concesión pública de auga.

Xeralmente unha parte ínfima dunha facturación elevada alimentada por un sistema tarifario inxusto sobre o que reiteradamente o pleno do Concello de Vigo acordou en estudar alternativas.

O negocio da auga privatizada sigue sendo un gran filón que permite contentar vontades como estas “aventuras xurásicas” que este goberno municipal quere emprender. Marea de Vigo considera evidente que FFC, que fíxose con gran parte dos servizos en grandes e medianos municipios e en 2001 creou un novo grupo chamado AQUALIA, converténdose nun auténtico “lobby” con poder ante concellos e partidos políticos representados.

A cidadanía responsable non vai permitir un “cambio de cromos” ante o feito de que o propio prego de concesión establece unha serie de medidas que deixan ao concello sen capacidade negociadora ante AQUALIA, sobre todo ao establecer un tope máximo de inversión en obra (saldo esgotado fai anos) e a permitir unha tarifa abusiva e que non contribúe ao aforro.

Unha familia que consuma 10 m3 e unha que consuman 30 m3 pagan case o mesmo. Xa que a primeira paga aprox 34 euros/bimestre e a segunda paga aprox 38 euros. O truco está en establecer un primeiro bloque de 30 m3, sendo esa pequena diferencia ó “canon de saneamento”, xa que por “abastecemento”, “saneamento”e “cota fixa” páganse case 33 euros aínda que non abras nin un grifo (o que ven sendo 500 litros ó día).

Advertisements

Unha resposta

  1. Jajaj, no sabía q aqualia estaba detrás de los dinosetos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: