MAREA DE VIGO PRESENTA EMENDA A TOTALIDADE NOS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE VIGO PARA O 2016

Concello_de_VigoO grupo municipal da Marea de Vigo considera que os orzamentos presentados polo goberno municipal para o 2016 carecen de resposta social que palie as políticas regresivas nos orzamentos que se están a debater no parlamento galego e se aprobaron no congreso dos deputados.

Para a Marea de Vigo, a proposta de orzamentos presentada polo goberno municipal, parte da base da existencia dunha recuperación económica que non é tal, partindo dos datos reais sobre exclusión social e precariedade laboral causados pola crise económica e moitas das medidas adoptadas ó respecto; e polo tanto, a Marea de Vigo considera un erro o priorizar gastos superfluos basicamente ornamentais ou mesmo as amortizacións rápidas da débeda sobre inversión en política social e en emprego.

Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo, denuncia tamén a hipocrisía deste goberno municipal cando se vangloria dos orzamentos en acción social cando o que fai é exactamente un cambio de nome nas partidas nas axudas ás familias sen incrementar nin un só euro nas mesmas.

Do mesmo xeito, desde o Grupo Municipal da Marea de Vigo, se fai unha crítica ó modo no que se xestionó a elaboración dos orzamentos, sen a participación da veciñanza e o seu tecido asociativo na elaboración dos mesmos, sendo estes os axentes máis achegados á realidade dos e das viguesas e polo tanto, os actores fundamentais para a elaboración da proposta máis axeitada para a cidade, e polo tanto, o Grupo Municipal da Marea, tras escoitar e recoller suxestións de cidadáns e colectivos da cidade, presentará propostas ou alegacións parciais a aplicacións orzamentarias concretas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: