MAREA DE VIGO CONSIDERA QUE, ANTE OS ORZAMENTOS REGRESIVOS DA XUNTA E O GOBERNO CENTRAL, OS DO CONCELLO DE VIGO NON CONTRARRESTAN ESTE TIPO DE POLÍTICAS CANDO OS NIVEIS DE POBREZA ACTUAIS REQUIREN DE OUTRO MODELO ORZAMENTARIO.

Concello_de_VigoAumento de partidas para humanizacións e a concesionarias como Vitrasa ou FCC, así como a amortización rápida da débeda parecen como prioridades fronte o aumento para axudas sociais e inversión que cree traballo produtivo para as e os vigueses.

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, cualifica de non comprensibles os aumentos de partidas para as concesionarias como os 12 millóns de euros para Vitrasa, convertendo a conxelación do billete do autobús nunha falacia; así como a gran inversión en proxectos de humanizacións como se fixo no seu día, e que hoxe están sendo cuestionados polos tribunais, aportando para o engorde das contas das empresas construtoras que as levan a cabo en lugar de apostar polo investimento en políticas para o fortalecemento da economía produtiva ante o aumento dos niveis de pobreza que existen na nosa cidade hoxe en día.

A Marea de Vigo, en vista ós orzamentos, insiste na defensa da remunicipalización dos servizos públicos, considerando que, tal e como vemos nalgunhas partidas, adícase gran parte de cartos públicos en garantir que as empresas concesionarias non teñan perdas, por enriba da garantía de servizos de calidade para a cidadanía e condicións de traballo dos cadros de persoal das mesmas.

A Marea de Vigo tamén espera ver os resultados das inversións en emprego a través de convenios baseados en subvencións a terceiros (como o convenio con PSA Peugeot Citroen), que o concello decide levar a cabo en lugar de investir máis partida nun plan de emprego xestionado directamente polo mesmo.

A Marea de Vigo, facendo o contrario que fixo o goberno municipal para a presentación dos orzamentos (de forma unilateral e sen consultar con absolutamente ningún axente social nin veciñal), preparará as súas emendas ós mesmos de forma aberta e participativa, co obxectivo de seren coherentes coa realidade da veciñanza ademais do chamamento implícito á corresponsabilidade que debe ter a cidadanía cando estamos a falar dos recursos de todas e todos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: