MAREA DE VIGO CONSIDERA EXTREMADAMENTE PREOCUPANTE A SITUACIÓN DA CONCESIÓN DE MANTEMENTO DE ZONAS VERDES SOBRE A QUE HOXE COÑECEMOS A RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO CENTRAL E APUNTA A REMUNICIPALIZACIÓN DO SERVIZO COMO SOLUCIÓN Á ESTA SITUACIÓN.

logowebO grupo municipal da Marea de Vigo, unha vez máis, denuncia que a situación actual de priorización de criterios económicos nas contratacións públicas están causando situacións como a que vimos de ver, pola que tivo que ser levada a cabo unha folga por parte do persoal do servizo de mantemento de zonas verdes.

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, en vista da documentación da mesa da contratación e os sucesivos eventos que están a acontecer o redor deste concurso, non entende como un Concello como o de Vigo non pode asumir a xestión directa municipal dun contrato cuxa base de licitación non chega os 25 millons de euros, e considera moi grave a situación que se está a dar nas contratacións de servizos públicos cando o tribunal administrativo central lle da a razón a unha empresa que foi excluída do concurso por baixa temeraria tendo ésta unha diferencia coa adxudicataria actual, Althenia, de so un 2,71% (foi adxudicada por menos de 18 millons), o que demostra que finalmente estanse a adxudicar contratos a ofertas que rozan a temeridade, coas consecuencias evidentes que esto causa nos cadros de persoal dos servizos.

A Marea de Vigo tamén considera ó Concello como responsable nestas cuestións, e a remunicipalización dos servizos públicos o modo de garantir emprego estable ós cadros de persoal, calidade nos servizos, e o modo de romper con estas dinámicas, en moitos casos de dubidosa legalidade, tal e como estamos vendo nos últimos meses.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: