MAREA DE VIGO PRESENTARÁ EMENDAS ÁS ORDENANZAS FISCAIS EN VIGO PRIORIZANDO CRITERIOS DE RENDA E PROGRESIVIDADE

Concello_de_VigoO voceiro municipal de MAREA DE VIGO, Rubén Pérez, denuncia que o groso dos impostos aumentan moi por enriba dos salarios dos traballadores e traballadoras e lembra que a suba salarial media pactada foi ata xuño de 2015 dun 0,73%, polo que unha suba de 1,1% supón de facto unha perda de poder adquisitivo dos vigueses e viguesas.

MAREA DE VIGO prepara esta semán as emendas ás ORDENANZAS E TAXAS para 2016 a través de ferramentas participativas, coa convocatoria do grupo de traballo institucional que é aberto á cidadanía. As propostas recollidas serán defendidas polo grupo municipal no seguinte pleno de setembro onde serán aprobadas as modificacións ás ordenanzas e taxas públicas.

Rubén Pérez, lembra que de acordo coa defensa dun sistema tributario progresivo, que teña como referencia o feito de que “quen máis ten máis pague”, a MAREA DE VIGO non defende unha rebaixa de impostos realizada “con carácter electoralista” que propón para este ano o Partido Popular, e lembra que anteriores rebaixas “beneficiaron de xeito análogo a quen máis ten” en vez de ponderar por renda os impostos para evitar agravios evidentes.

En relación co Imposto de Bens Inmobles, MAREA DE VIGO estuda fórmulas para establecer unha recarga do 50% no recibo deste imposto ás vivendas permanentemente desocupadas que non se integren nun plan público de aluguer, a ampliación dos beneficios fiscais a todas as vivendas protexidas a partir do 4º ano, a incorporación de bonificacións para as vivendas que incorporen sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, ou o establecemento de porcentaxes de bonificación en función da renda familiar a familias numerosas e novas.

O grupo de traballo institucional da MAREA DE VIGO estuda tamén unha proposta para que se pague o IBI por edificios propiedade da Igrexa católica que non sexan patrimonio histórico-artístico nin teñan un uso para o culto ou educación.

En relación ao Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, ademais da progresividade, MAREA DE VIGO estuda propoñer bonificacións para vehículos híbridos, de motor eléctrico e/ou emisións nulas; mentres que co Imposto de Construcións, buscaríase priorizar o aluguer fronte á compra ou establecer bonificacións tamén en materia da renda familiar para aqueles que fagan obras que favorezan o acceso e habitabilidade de persoas con diversidade funcional.

Na súa proposta sobre fiscalidade, MAREA DE VIGO estuda medidas sobre prezos públicos que xa deu a coñecer nos últimos días, como tramos de gratuidade ou custo simbólico na Escola Infantil; ou que as asociacións inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello estean exentas de pago á hora de usar espazos culturais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: