MAREA DE VIGO DENUNCIA AS DEFICIENCIAS DO NOVO HOSPITAL

marea-descartaMAREA DE VIGO DENUNCIA AS DEFICIENCIAS DO NOVO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO. O GRUPO MUNICIPAL DA MAREA, MANTIVO UNHA XUNTANZA ONTE, DÍA 12, COAS TRABALLADORAS DO NOVO HOSPITAL , ONDE O COLECTIVO TRANSMITIULLE AS CONCELLEIRAS AS MÚLTIPLES FALLAS NAS INFRAESTRUTURAS DO MESMO.

O colectivo de traballadoras/es explicou as concelleiras as numerosas e graves deficiencias que afectan a seguridade do hospital; como exemplo citan que os produtos inflamables como formol, alcoholes ou filol, usados en anatomía patolóxica, que no Hospital Xeral e Meixoeiro eran almacenados nun edificio externo, (como marca a normativa de seguridade) nas novas instalacións son almacenados ao lado dos laboratorios nunha sala con extracción de gases insuficiente e en estantes que carecen de fixación ás paredes, representando un grave perigo de incendio.

O hospital carece a día de hoxe de liñas de evacuación sinalizadas, o cal pode desembocar nunha traxedia en caso de accidente.

Por outra parte as eivas na accesibilidade o complexo a día de hoxe, están a xerar situacións estrambóticas, nas que o propio persoal sanitario encargase ao rematar a súa quenda de trasladar a pacientes os seus domicilios nos seus propios vehículos ante a falta de alternativas. Resulta ilóxico que se teñan que solucionar co voluntarismo exemplar do persoal sanitario as carencias do servizo.

 O aparcadoiro, xestionado por unha asociación de empresas é un insulto para a cidadanía, que en ningún caso usa os servizos sanitarios por gusto, senón por necesidade. Todo o entorno dohospital, expropiado polas administracións públicas, está adicado a un “xardín terapéutico” do que o propio persoal critica a súa utilidade, en lugar de proporcionar prazas para as/os doentes e persoal; todas as beirarrúas están sementadas de pivotes para asegurar que todas e todos nós nosvexamos obrigados a usar o aparcadoiro privado, e polo tanto pagar as tarifas que aseguren beneficios para a empresa concesionaria.

A accesibilidade exterior ás entradas de consultas son penosas, carecendo de rampas para cadeiras de rodas, o cal, sumado os pivotes omnipresentes en tódalas instalacións, obrigan as usuarias/os a usar o aparcadoiro que ten un tramo de 15 min gratuítos claramente insuficiente para trasladar a unha persoa de mobilidade reducida.

Marea de Vigo considera que estas instalacións son un perfecto exemplo da ineficacia do modelo de xestión plantexado polo actual goberno do Partido Popular, coa colaboración necesaria do PSOE, e reclama un cambio de modelo que proporcione a nosa cidade un autentico hospital público o servizo das persoas e non do lucro da empresa privada.

Así mesmo expresamos a nosa solidariedade e admiración polo cadro de persoal sanitario que está a traballar nunhas condicións penosas, tratando na medida das súas posibilidades minimizar os efectos negativos que este modelo está a crear na atención as/os pacientes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: