MAREA DE VIGO ANTE A ADXUDICACIÓN DO MANTEMENTO DE PARQUES E XARDÍNS EN VIGO


Rubén-PérezMAREA DE VIGO CONSIDERA QUE, CON RESPECTO A NOVA ADXUDICACIÓN DE PARQUES E XARDÍNS, “ALGUÉN TEN QUE ACLARAR COMO SE EVALÚAN E CONTROLAN CUSTES DOS SERVIZOS” E REITERA A SÚA PETICIÓN DUN OBSERVATORIO DA CONTRATACIÓN PÚBLICA COMO XA FUNCIONA EN ZARAGOZA PARA AUDITAR A CONTRATACIÓN NOS SERVIZOS MUNICIPAIS.

Marea de Vigo sigue insistindo en que a situación actual de priorización do criterio de “oferta máis económica” na contratación , fomenta a precarización das condicións laborais nos cadros de persoal das contratas. Considera que os riscos de perda de emprego no servizo “eran patentes antes coa anterior concesionaria como o son agora coa nova”. A única maneira de garantir emprego estable é a xestión directa municipal do servizo e a consolidación do persoal.

Rubén Pérez, voceiro municipal da MAREA DE VIGO, non entende como a actual concesionaria estivo anos cobrando unha cantidade pola xestión do mantemento de parques e xardíns, tentando sempre reducir dereitos e custes laborais, o que ocasionou folgas en datas recentes, e presenta unha oferta agora ao novo concurso que reduce sensiblemente o custe que anteriormente cobraba.

MAREA DE VIGO considera “inexistente” o seguimento da situación laboral e do cumprimento da lexislación laboral por parte do Concello nas empresas que xestionan contratos públicos e lembra que “existe unha responsabilidade directa do Concello en que en determinados servizos aparezan situacións de precaridade laboral, flexibilidade arbitraria e mesmo incumprimentos graves dos convenios colectivos.

MAREA DE VIGO considera necesario artellar un control público (concello, sindicatos, asociacións veciñais, consumidores e usuarios, etc…) a través dun observatorio da contratación que xa funciona de xeito positivo en cidades como Zaragoza e que estudan implantar Madrid ou Barcelona.

Para a MAREA DE VIGO a exclusión de CESPA, EULEN ou VALORIZA no contrato pon en manifesto que o criterio de rebaixa sobre o prezo estimado do servizo desencadea unha “guerra de prezos á baixa” que inexorablemente actúan sobre o emprego ao ser o principal custe que actualmente supón o SERVIZO DE CONSERVACIÓN DE ZONAS VERDES DA CIDADE DE VIGO.

Rubén Pérez. Voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO manterá hoxe unha xuntanza co presidente do comité de empresa do servizo para evaluar a situación da concesión e os riscos futuros do mesmo.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: