ESQUERDA UNIDA DE VIGO CELEBRA UNHA XORNADA DE TRABALLO SOBRE A CONSTRUCCIÓN DA UNIDADE POPULAR EN VIGO

obradoiro-de-formaciónMILITANTES, SIMPATIZANTES E ACTIVISTAS SOCIAIS TRABALLARÁN ESTE SÁBADO 22 EN VIGO SOBRE OS PROCESOS DE UNIDADE DA ESQUERDA POLÍTICA E SOCIAL CON VISTAS AO PROCESO ELECTORAL DE DECEMBRO.

O coordinador local de EU en Vigo e voceiro do grupo municipal da MAREA DE VIGO, Rubén Pérez, considera que EU ten sido parte substancial de moitos procesos de encontro e construción de alternativas electorais,  como é o caso de AGE ou das diferentes candidaturas municipais das que AS MAREAS teñen sido parte importante. “A disparidade de procesos, cada vez máis complexos e con diversos actores” require un debate serio e riguroso de como encarar a construción da unidade popular, da concreción dun programa alternativo e das metodoloxías de participación pública da cidadanía consciente.

Para o concelleiro da MAREA DE VIGO e coodinador local de EU o que buscan estas xornadas é “analizar o papel que xoguemos, pero tamén a actitude e o estilo que empreguemos na nosa relación con outras forzas políticas e movementos sociais, e que determinarán en gran medida a nosa credibilidade como actor político convencido da unidade popular e como axente activo dos procesos de confluencia.”

En Esquerda Unida moitos compañeiros e compañeiras levamos moitos anos confluíndo con movementos sociais e construíndo resistencias e converxencias colectivas, o que nos achega unha bagaxe experiencial considerable e unhas relacións consolidadas sobre as que cimentar a promoción da Unidade Popular.

No marco desta xornada tamén trataremos exemplos exitosos de construción de unidade popular como a dos municipios de Madrid, Zaragoza, A Coruña e Barcelona.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: