ESQUERDA UNIDA DE VIGO LAMENTA O FALECEMENTO DE JULIO ALONSO, EXCOORDINADOR COMARCAL DE EU EN VIGO.

julioanlonsoO coordinador local de EU, Rubén Pérez, lamentou hoxe o falecemento de Julio Alonso, que fora coordinador comarca de EU en Vigo, alcalde pedáneo de Bembrive entre 1995 e 1998 e candidato de EU á alcaldía de Vigo nas municipais de 2003.

“Os homes e mulleres de EU”, sinala o coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, “voltamos a vivir con profunda dor o falecemento dun compañeiro que desempeñou labores de coordinación. Lembra Rubén Pérez que fai pouco máis dun ano recibíamos tamén a nova do falecemento de María Luísa Fernández”

Julio Alonso foi un militante exemplar, que “tirou da organización en momentos moi difíciles para o proxecto na nosa cidade”. Con esforzo e traballo decidido, sinala Rubén Pérez, consolidou EU en Vigo o que permitiu a realidade orgánica e de proxección que hoxe este proxecto colectivo da esquerda transformadora ten.

Julio foi un defensor do encontro de forzas políticas e sociais e defendeu modelos de converxencia hoxe socialmente recoñecidos pero que naquela altura resultaban para moitos de difícil consecución. Non se entende AGE nin espacios de confluencia municipal sen xente que teorizou e levou á práctica esta converxencia previamente.

Os homes e mulleres de EU estarán hoxe coa familia a amigos de Julio no tanatorio Vigo Memorial a partir das 17 horas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: