ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A FALLA DE DEMOCRACIA DO ALCALDE DE VIGO E O SEU GRUPO POLO INCUMPRIMENTO SISTEMÁTICO DOS ACORDOS PLENARIOS

bernardo-alfagemeEU considera que onte “traspasaronse liñas vermellas” no pleno en canto ao respeto á oposición e ó xogo democrático e partidario acusando a EU e outras organizacións de reventar o pleno.

Para o coordinador local de EU, Rubén Pérez, “un pleno o rebenta quen no fai rendición de actuacións e decisións ante o mesmo e quen non garante as máis básicas garantías de funcionamento democrático do máximo órgano da política municipal, que non é o alcalde senón o pleno”

EU exixe xa aclaración de que partida orzamentaria e en base a que conceptos están a consignarse recursos públicos para a obra e instalación do barco Bernardo Afageme na rotonda de Coia. É evidente que non estamos ante un contrato de mantemento polo que “queremos saber que pinta Civisgloblal e o seu retén de mantemento no asunto”.

O coordinador de Esquerda Unida, Rubén Pérez, considera que o cumplimento ou non dos acordos acadados no pleno municipal parece que queda determinado polos desexos do Alcalde de Vigo con respecto a sua idea de cidade, e non dos resultados das votacións dos membros do pleno do Concello de Vigo, aludindo a unha maioria fantasma da cidadanía manifestándose clamorosamente, nesta ocasión, a favor da colocación do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia, e chegando o nivel de insultar e calumniar a veciñanza presente no público do pleno.

Esquerda Unida considera que ademáis, no pleno de onte, as continuas descalificacións á oposición amosan que o talante democrático do alcalde e cero; cunha folla de ruta de obrigado cumprimento, ainda que para iso teña que actuar coma o cabalo de Atila.

Rubén Pérez considera que, con luz e taquígrafos, se presenten todos os datos con respecto os custes das obras na rotonda de Coia, así coma que se explique a que capítulos vanse consignar eses custes e por que se considera que isto e un mantemento e non outro tipo de obra, onde é necesario publicitar os datos da mesma.

Advertisements

Unha resposta

  1. Independentemente da postura antidemocrática do alcalde, e da conxuntura actual de crise no que hai cousas máis urxentes nas que gastar os cartos…
    O que non contas, rubén, é que este barco foi mercado e restaurado por anteriores corporacións municipais (Do PP, que tanto protestan agora), gastando inxentes cantidades de diñeiro público.
    Enton, que debemos facer agora, mantelo na súa actual ubicación onde se está estragando, e perder todolos cartos gastados?
    Ou aproveitar que xa o temos, e xa gastamos os cartos para colocalo nalgún sitio?
    Non digo que teña que ser na rotonda de Coia, pode ser no Museo do Mar ou en calquer outro lugar.
    As veces na política tes que herdar cousas que non te gustan, ou que non compartes, simplemente pola inversión de gasto público que conleva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: