EU COMPARTE A DENUNCIA DA SITUACION LABORAL DAS TRABALLADORAS SOCIAIS DO CONCELLO DE VIGO E O IMPACTO QUE ESTÁ TENDO SOBRE A CIDADANÍA OS RECORTES EN MATERIA DE POLÍTICA SOCIAL NAS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS E AUTONÓMICAS.

ruben_euO coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, entende como inevitable a denuncia que os traballadores e traballadoras dos servizos sociais de Vigo veñen de presentar ante diferentes instancias pola súa situación laboral causada polo desmantelamento dos servizos públicos na nosa cidade. EU culpabiliza ao goberno local que, en colaboración coa Xunta, están causando unha situación perigosa en detrimento dos máis básicos dereitos de cobertura asistencial e social

EU considera que esta situación de precaridade se está dando tanto no estado das instalacións das Unidades Básicas de Atención (UBAS), onde existen multitude de deficiencias denunciadas dende 2011, como en materia de saúde laboral e seguridade das traballadoras, neste caso denunciado tanto ante o alcalde, coma no comité de seguridade e saúde.

EU lembra que no caso deste comité; os dous representantes de Benestar Social do Concello de Vigo que participan na xuntanza, aparentemente manifestaron a súa contrariedade ao respecto da situación laboral destas traballadoras chegando a calificar a situación como que “o concello estalles destrozando a vida”. Esquerda Unida entende como “curiosa” a situación, xa que esta mesmas personas xestionaron no seu dia a adxudicación do servizo de intervención familiar do Concello de Vigo, propiciando a entrada de empresas privadas como CLECE contra a que o conxunto de traballadoras/es do PIF teñen interpostas varias demandas no xulgado do social.

Para EU esta situación non é casual e responde a un modelo orquestado de privatización dos servizos sociais en Vigo, empregando para elo as mesmas tácticas de precarización das condicións laborais que foron artelladas no caso do PIF, auténtico proxecto piloto da privatización dos servizos sociais en Vigo, e que buscan xustificar que somentes a xestión privada pode garantir o servizo.

As traballadoras tamén enviaron unha carta ao Valedor do Pobo e interpuxeron denuncia ante a inspección de traballo aportando os escritos dirixidos ao alcalde como informes do servizo de prevención e mesmo acta do comité de seguridade e saúde.

EU pide actuación rápida e imparcial da inspección de traballo, ante o feito para nós agravante da negativa do alcalde a recibir aos traballadores e traballadoras afectadas que sí puideron manter xuntanza co concelleiro responsable de personal Lopez Font, cun resultado nulo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: