ESQUERDA UNIDA CONSIDERA ESENCIAL CREAR UN ORGANISMO INDEPENDENTE PARA AUDITAR A CONTRATACIÓN PÚBLICA EN VIGO

Concello_de_VigoEU sigue defendendo a súa proposta de creación dun OBSERVATORIO DA CONTRATACIÓN PÚBLICA en Vigo que audite tanto os cumprimentos dos plegos das concesionarias de servicios públicos como a calidade e cumprimento de convenios e lexislación laboral dos contratos de traballo que formalicen.

Para Rubén Pérez a operación Patos, os informes do tribunal de contas dubidando dos procedementos de adxudicación de obras do PLAN E e mesmo as recentes denuncias sobre contratación formuladas por colectivos ou mesmo grupos municipais, xa fan imprescindible dotarse de organismos transparentes que auditen a contratación no concello de Vigo “visto que hai unha deixadez interesada ou mesmo provocada polo propio goberno local”.

Para EU non existe nin control nin vontade de facelo sobre a calidade do traballo que xeneran as contratas, sobre as contratacións nas mesmas, sobre contratos menores, sobre inversións, etc….

Para EU a entrada en funcionamento deste observatorio, onde participarían os grupos municipais, as seccións sindicais do concello, os comités de empresa das grandes concesionarias públicas e mesmo o tecido veciñal e asociacións de consumidores, serviría para ter un organismo plural e apartidario de seguemento do grado de cumplimento dos plegos de concesión, algo prácticamente inexistente na actualidade na nosa cidade e deixado ao arbitrio do concellerio da área correspondente.

EU considera excesivamente precario e fóra dos criterios mínimos de correspondencia cos convenios colectivos existentes o emprego que está a xenerar o Concello de Vigo. EU recibe sistemáticamente denuncias de traballadores e traballadoras pola situación laboral que empresas privadas, pero tamén entidades sociais, están xenerando unha vez consiguen contratos ou concesións públicas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: