ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE O REAL CLUB CELTA, COMO USUFRUCTUARIO EXCLUSIVO DUNHA INFRAESTRUCTURA PÚBLICA, TEN QUE ASUMIR O MAIOR MONTANTE DO IMPORTE DO NOVO ESTADIO DE BALAIDOS.

estadio_balaidosPara o coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez,  a construcción do novo estadio ten que ter aparellado a redacción dun novo convenio de colaboración entre o Celta e o Concello para que o mantemento do estadio e o custo da renovación seña amortizado mediante a participación pública nos ingresos polo usufructo da infraestructura.

Para Rubén Pérez, o importe que poña cada ámbito: Concello, Deputación e RC Celta “que dependa do beneficio ou retorno que vai ter da explotación ou cesión de recursos que reciba”.

EU lembra que o artigo 88 da  Lei 30/1992, do 26 de novembro de Régimen Xurídico das Administraciones Públicas e do Procedemento Administrativo Común di que «Las Administraciones Públicas podrán celebrar acuerdos, pactos, convenios o contratos con personas tanto de derecho público como privado, siempre que no sean contrarios al Ordenamiento Jurídico ni versen sobre materias no susceptibles de transacción y tengan por objeto satisfacer el interés público que tienen encomendado, con el alcance, efectos y régimen jurídico específico que en cada caso prevea la disposición que lo regule, pudiendo tales actos tener la consideración de finalizadores de los procedimientos administrativos o insertarse en los mismos con carácter previo, vinculante o no, a la resolución que les ponga fin».

EU lembra que noutros casos como o do estadio do Mallorca as sentencias xudiciais obrigaron a asinar un novo convenio para que o custe de de reparación e mantemento fora asumido polas dúas partes ao entender que se ben é certa (citamos literalmente) “a importancia que en la actualidad solo el RCD Mallorca es la entidad deportiva profesional que en esta Comunidad puede garantizar el poder de convocatoria necesario para rentabilizar deportivamente un estadio con capacidad para 26.000 espectadores, es importante la celebración de un convenio que implica una importante cesión de usos del estadio deportivo a un Club de Fútbol Profesional, máxime cuando de dicho Convenio se desprende que la sociedad anónima deportiva realiza una importante aportación de 600 millones de ptas. para la construcción del estadio, así como se compromete al mantenimiento y la conservación de todas las instalaciones del mismo. Piénsese que de no realizarse dicho convenio, sería el Ayuntamiento el que debería asumir unos costes de conservación escasamente rentabilizados con esporádicas actuaciones deportivas.
(Sentencia 1173/2001 del Tribunal Superior de Justicia de Les Illes Balears, de 11 de diciembre de 2001).

EU considera que un novo convenio evitará que a evidentemente necesaria reparación do estadio municipal de Balaídos seña entendido por unha parte importante da poboación como un agravio económico nun tempo de crise na que os clubes privados de fútbol moven millóns de euros procedentes de múltiples ambitos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: