ESQUERDA UNIDA DE VIGO ALERTA DOS CONTRATOS PÚBLICOS A CONCURSO QUE PRIORIZAN O RECURTE EN CUSTOS SOBRE AS CAPACIDADES TÉCNICAS OU O SERVIZO

Concello_de_VigoEU DE VIGO pon de exemplo o concurso aberto para a xestión da vixiancia dos museos da cidade, donde os aspectos técnicos puntuan un máximo de 10 e rebaixar o prezo estimado do servizo 60 puntos. Para EU esto significa “ofertas á baixa” que logo repercuten nos salarios e condicións laborais dos traballadores e traballadoras

Rubén Pérez acusa directamente ao gobermo municipal de “alentar a precarización laboral nas contratas municipais privadas”

Para o coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, resulta significativo que neste concurso aberto a empresa que menos puntuación técnica ten, con moita diferencia, é a que maior puntuación total ten ao “abaratar sensiblemente o custe total do servizo estimado polo Concello”. EU considera que en concesións como estas ese suposto abaratamento vai directamente relacionado con precaridade laboral e salarios que en ocasións son simplemente o Salario Mínimo Interprofesional

EU considera ilustrativa a existencia de moitas empresas “creadas exclusivamente para optar a concursos desta índole” sabendo que teñen prácticas laborais piratas que afortunadamente non existen en outras donde existe tutela sindical efectiva, polo que pide que a estos concursos somentes poidan optar empresas con comités de empresa constituídos ou delegados sindicais eleitos. EU pide vixiancia sindical contínua nestas empresas, algunhas das cales os domicilios sociais son particulares e o personal contratado con axudas para a inserción laboral.

EU sigue defendendo a xestión pública directa de tódolos servizos municipais, mesmo a creación de cooperativas de traballadores para a xestión indirecta da mesma cando por motivos legais non poida contratar directamente a institución municipal, considera que “o complexo entramado de empresas que están facendo o agosto cos recursos públicos ten que desaparecer”, especialmente en momentos de crise económica que requiren das administracións públicas corresponsabilidade na xestión económica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: