ESQUERDA UNIDA DE VIGO CUESTIONA O MOTIVO DA CONTRATACIÓN DE 100 PERSOAS PARA LIMPEZA DE RÚAS EXISTINDO UN CONTRATO CON CONCESIONARIA PRIVADA QUE SE ENCARGA DESTE FEITO.

Concello_de_VigoO coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera extremadamente perigoso suplir con cartos públicos responsabilidades que son propias das concesións. Un goberno municipal non está para regalar nada a empresas privadas que teñen a obriga de dar un servizo conseguido mediante concurso público.

Para EU o contrato (que pasou de 23 millóns a máis de 27 millóns de euros para 2014) obriga xa a concesionaria a “manter limpas as rúas da nosa cidade” e non entendemos como se pode artellar un reforzo de 100 personas que non pase pola contratación directa da contrata.

 De todos xeitos, se o que realmente ocurre é que a contrata non está realizando o seu cometido, o concello ten que auditar a explotación da concesión e mesmo ir artellando, se é preciso, unha alternativa para 2017, cando expira a concesión de 16 anos.

 EU considera que por suposto que é preciso que o Concello contrate personal para mantemento de infraestructuras e outros servizos, especialmente en colectivos de dificil inmersión laboral, pero “este anuncio do Alcalde nin clarifica como se contratará, se serán directamente mediante concurso público ou de novo asistiremos a unha “espiral de favores nunha contratación opaca”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: