ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIARÁ E PARTICIPARÁ EN TÓDALAS MOBILIZACIÓNS CONTRA A DECISIÓN DO MINISTERIO DE XUSTIZA DE ELIMINAR O PARTIDO XUDICIAL DE VIGO

????????O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, pide unidade política e social para evitar que desapareza a arquitectura xudicial na nosa cidade e considera especialmente grave a desaparición do xulgado de violencia de xénero que implicaría a eliminación do partido xudicial.

Para EU a proposta realizada polo Consello Xeral do Poder Xudicial e asumida polo Ministerio de Xustiza supón un revés para os intereses dos cidadáns en xeral, do xusticiable en particular e un agravio especial á cidade de Vigo, como realidade non só xeográfica, senón de espazo organizado de servizos públicos e de vertebración territorial.

A supresión dos partidos xudiciais é contraria ao interese xeral por canto non garante nin máis recursos nin maior eficacia na prestación dun servizo público esencial como o é a Administración de Xustiza. A reorganización do mapa xudicial preténdese realizar sen diálogo cos cidadáns afectados, sen debate político e institucional cos municipios afectados e sen a anuencia dos profesionais.

A desaparición dos partidos xudiciais non se vai a facer en aras dun mapa xudicial máis racional ou acorde aos intereses do xusticiable, senón que parte dunha realidade que segue escondendo o principal problema para os cidadáns: a falta de xuíces, a carencia de medios e o insuficiente financiamento dunha Administración que require dun gran investimento para ser modernizada e para ser eficaz.

Para EU é necesaria pre a garantía de prestación de servizos ineludibles: quenda de oficio, dereito de defensa a inmigrantes, informatización dos xulgados actuais, recursos para as fiscalías, aumento do nº de xuíces e especialización dos mesmos.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: