RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): O PLENO DE VIGO ESTREA HOXE UNHA PANTOMIMA CON TRES ACTORES: PP E PSOE VOTANDO UN ORZAMENTO QUE ANTES O SEGUNDO REXEITABA E BNG REXEITANDO UN ORZAMENTO QUE NO BÁSICO É O DO ANO PASADO E ANTERIORES QUE SI VOTOU AFIRMATIVAMENTE

Concello_de_VigoO coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, valorou hoxe a votación afirmativa de PP e PSOE do orzamento do ano 2014 sinalando que asistimos á consumación dun “matrimonio de conveniencia” do PP e o PSOE ante a falla de diferencias substanciais no proxecto de cidade, seguir priorizando os anuncios efectivistas fronte a unha verdadeira política orzamentaria orientada á dar resposta ás necesidades de políticas sociais, control público dos incrementos de gasto en concesionarias privadas, cumprimento das decisións democrática do pleno, contrarrestar os efectos da reforma local do PP, etc…

EU presentará como o ven facendo dende 2011 unha ENMENDA Á TOTALIDADE AO ORZAMENTO ante as primeiras evidencias de que estamos ante un orzamento que agocha baixo unha calculada estratexia propagandistica un recorte de partidas sociais e un aumento dos recursos que acaban nas concesionarias privadas (Vitrasa, Aqualia, seguridade, limpeza, mantemento cemiterios, etc…)

EU, que tivo acceso ao borrador do orzamento xustifica esta posición na evidencia da instauración dunha sistemática de trocar os nomes das partidas presentes no orzamento anterior e mesmo de fraccionalas para “escamotear” descensos ou aumentos de partidas. De este xeito o coordenador local de EU, Rubén Pérez sinala como “moi ilustrativa” que a partida recollida no 2013 como SUBVENCION LANZADEIRAS e BONOBÚS que rondaba os 9.400.000 euros desaparace para reconvertirse na partida BONO TARXETA VERDE E POLÍTICAS DE TRANSPORTE que pasa a superar os 10.500.000 de euros, un incremento que agocha de xeito evidente que os vigueses e viguesas estamos a pagar de xeito lateral a suposta conxelación do bonobús.

Especialmente curioso é o caso do suposto PLAN DE COMPENSACIÓN CONTRA A CRISE, dotado no anterior orzamento de 3.200.000 millóns de euros que agora fragmentase en tres programas (dende o goberno local decíase que agora hai tres programas e non un como antes) O que non dí o goberno local que os tres programas: Axuda Alugueres, Axuda alimentos e axudas para a carencia enerxética apenas superan os 2 millóns de euros. 1 millón 200.000 euros menos “de golpe” que entendemos que vai para sufragar novos roubos como o 1,9 millón de euros máis que pagaremos a SOGAMA este ano.

Rubén Pérez considera erróneo voltar a dotar o orzamento de 670.000 euros de subvención ás liñas aéreas, política errónea que non soluciona nin o custe dos voos nin facilita a consolidación de rutas no aeroporto de Vigo sometido aos intereses das compañías aéreas que son as que finalmente deciden ante unha AENA en proceso de privatización e con pouca capacidade de orientar a política aeroportuaria en Galicia.

EU pide que o orzamento sexa subido á web municipal e remitido ao tecido veciñal e asociativo da cidade en período de exposición pública e lembra aos veciños e veciñas que a pesar do escurantismo da aprobación do mesmo, por lei ten que estar exposto no concello para a consulta e alegacións que os veciños e veciñas consideren necesarias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: