ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA GRAVISIMAS AS ACTUACIÓNS POLICIAIS DE HOXE NO CONCELLO DE VIGO E CONFIRMAN A NECESIDADE DE “SACAR AS EMPRESAS PRIVADAS DA XESTIÓN PÚBLICA MUNICIPAL”

Concello_de_VigoO coordenador local de EU, Rubén Pérez, considera que a cidadanía xa estamos fartos de ver sistemáticamente o nome de contratas privadas e cargos públicos nos sumarios e actuacións xudiciais e pide “mano dura dos alcaldes e corporacións no seguemento dos plegos de contratación.

EU, a espera de coñecer máis datos sobre a operación policial no concello de Vigo que afectarían a xestión de dous concelleiros da corporación local e dende a cautela necesaria considera que todas estas sospeitas confirman que o sistema de contratación público nos concellos galegos é a todas luces un desastre, concellos de cor política diferente aparecen nesta nova operación xudicial creando unha sensación social moi perigosa, a de “todos son iguais” creando unha desafección política que fortalece o interés do poder económico sobre o político.

EU pide que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, de información sobre esta actuación policial “de inmediato” e con toda a transparencia precisa.

Chegados a este punto, considera Rubén Pérez, xa non queda máis que traballar na remunicipalización total dos servizos públicos, evitando que empresas concesionarias señan as auténticas corporacións locais na sombra, corporacións “as que ningún vigues eleximos nas urnas”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: