ESQUERDA UNIDA MANIFESTA O SEU APOIO Á MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA PARA O 13 DE FEBREIRO

sos sanidade publicaEsta semana a Plataforma SOS Sanidade Pública ven de anunciar unha mobilización o día 13 de Febreiro en Vigo para reclamar a retirada da reordenación do mapa sanitario de Galicia. O Consello Local de Esquerda Unida reitera a súa aposta pola Sanidade Pública e manifesta o seu apoio a esta mobilización.

Esquerda Unida denuncia que o desmantelamento da Área Sanitaria de Vigo é unha consecuencia máis da política de recortes sanitarios do Partido Popular. O desvío de pacientes a outras Áreas Sanitarias ven a sumarse á xeira de medidas privatizadoras e desmanteladoras que sufre a nosa Área Sanitaria: mantemento do convenio con POVISA, privatización do Novo Hospital de Vigo e redución das súas dependencias, recortes de persoal, etc.

A estes graves feitos engádense tamén as medidas neoliberais tomadas polo Goberno no conxunto do Servizo Galego de Saúde, que inclúen a privatización de toda a Alta Tecnoloxía Sanitaria (radioloxía, radioterapia, resonancia…) e mesmo a privatización da Esterilización de material e instrumental, servizo sanitario ata o de agora con persoal público.

Esquerda Unida lembra que o correcto funcionamento dos servizos sanitarios especializados precisan dun número mínimo de pacientes ao ano e remarca que as modificacións no planeamento sanitario non poden facerse de costas ao persoal, que é quen está a soster na actualidade a nosa Sanidade ante os ataques do Partido Popular.

Por todo isto, o Consello Local de Esquerda Unida fai un chamamento ás veciñas e veciños á mobilización nas rúas de Vigo o día 13, lembrando que a Sanidade Pública é un dereito social que non debe ser desmantelado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: