ESQUERDA UNIDA DE VIGO PIDE EMPREGAR O SUPERAVIT DE 2012 EN PLANS DE EMPREGO “REAIS E CON IGUALDADE DE ACCESO AS OFERTAS LABORAIS”

O Coordenador local de EU, Rubén Pérez, lembra que a aprobación do Congreso dos Deputados o pasado 17 de maio dunha Proposición Non de Lei que permite empregar o superavit en plans de emprego habilita adicar estes recursos en emprego local.

Para ESQUERDA UNIDA DE VIGO, se ben o Ministerio de Facenda e as entidades locais acordaron, o día 16 de abril de 2013, no seo da Comisión Nacional da Administración Local, permitir aos Concellos, que tivesen superávit o pasado exercicio, destinar este remanente a gasto corrente e investimento, unha Proposición non de lei presentada no Congreso e aprobada permite adicar estos recursos a plans de emprego local.

EU considera que, se ben o obxectivo que busca o goberno do PP e obrigar aos concellos a reducir débeda con estes recursos, en cidades como Vigo, cun desemprego case xa estructural ten que ser un obxectivo primordial crear emprego, por encima de calquera outra cousa, e por tanto, do déficit e a débeda.

EU de Vigo considera urxente destinar todos os recursos posibles a plans que palien a situación de desemprego que están a sufrir xa máis de 33.000 personas en Vigo. E considera que o plan ten que conter garantías de “publicidade das ofertas e contratación trasparente para evitar o bochornoso espectáculo dos plans de emprego mediante convenios contidos nos orzamentos municipais de Vigo”

Esquerda Unida de Vigo lembra que Concellos como o de Huesca e administracións como a Deputación de Zamora, Huelva e Sevilla, entre outras, xa declararon que van destinar o superávit para gasto corrente e investimentos co fin de crear emprego.

É o momento de afrontar medidas de calado e valentes, que cheguen de verdade ao cidadán e que revertan nestes, a través de plans sociolaborais que flúan en dúas direccións, a de crear emprego e a de mellorar o municipio en aspectos que beneficien a todos e todas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: