ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE AS PARTIDAS IMPORTANTES ORZAMENTOS 2013 ERAN MERAMENTE PUBLICITARIAS E PIDE QUE SE PUBLICITE O PORCENTAXE REAL DE EXECUCIÓN ANTES DE PRORROGALOS. PIDE PARTICIPACIÓN DIRECTA E DECISORA DA CIDADANÍA NOS QUE SE ELABOREN EN 2014.

Concello_de_VigoO coordenador local de EU, Rubén Pérez, considera “unha actitude sorprendente” que un alcalde en minoría non quera consensuar as contas para o exercicio 2014 coa oposición e lembra que EU xa denunciara que os orzamentos deste ano en curso recurrían a actuacións que sabíase imposible de executar polo estado da tesourería local.

EU pide que os orzamentos 2014 no capítulo de inversións seña decidido polo tecido asociativo da cidade tal e como se fai en outras cidades do estado. “Quen mellor que a cidadanía para saber que infraestructura ou mellora é necesaria no seu barrio” suliña Rubén Pérez

ESQUERDA UNIDA de Vigo xa anunciara cando se presentaron os orzamentos 2013 que era un suicidio orzamentario consignar de novo créditos bancarios e elevar ostensiblemente a débeda municipal en tempos nos que outras fontes de ingresos municipais corrían risco de mermar (transferencias de outras administracións, recadación tributaria…) e consideraba significativo que Abel Caballero no marco da FEMP pelexara máis porque os grandes concellos tivesen máis capacidade de endebedamento que, dacordo coa demanda histórica da institución, loitar pola maior participación na redacadación total tributaria das administracións locais.

Naquela altura EU sinalou que tamén estes orzamentos recurrían a idea dos impostos directos como vía de financiación, non explorando vías de sistemas impositivos xustos como o incremento do IBI nun 100% á vivendas desocupadas ou impulso recaudador das tasas existentes sobre ocupación lucrativa de espacios públicos para entidades bancarias ou empresas de telefonía móbil, agora parece que o concello autoenméndase pero seguimos sen ter un pleneamento serio de incentivar a recadación mediante estas fórmulas.

EU considera que o tempo do “saco sen fondo” das chamadas políticas keynesianas do alcalde xa “toca fondo” ante a evidencia de que non xeneran emprego digno e simplemente axudan á conta de resultados de empresas constructoras.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: