Esquerda Unida inicia este luns unha campaña de apoio á folga xeral no ensino do 24 de outubro co reparto de miles de octavillas na comarca de Vigo

lomcenonEsquerda Unida secundará as accións convocadas pola comunidade educativa como resposta aos recortes e fronte á contrarreforma educativa do PP, apoiando e participando activamente na folga xeral do 24 de outubro, e iniciará unha campaña de actos informativos e reparto de panfletos.

As mobilizacións que se levarán a cabo en todo o Estado son o froito do acordo dos distintos sectores da comunidade educativa contra unhas políticas de marcado carácter mercantilista que teñen como obxectivo converter a escola pública en subsidiaria da privada: a baixada do investimento en educación; a diminución de bolsas e bolseiros/as; a caída das prazas de profesorado; a eliminación das axudas para adquirir libros de texto ou a redución das bolsas de comedor son boa proba disto.

Aos recortes orzamentarios súmase a teima do ministro Wert, cos azos da patronal do ensino privado e o poder eclesiástico, en levar adiante a LOMCE malia o rexeitamento dun amplo sector da comunidade educativa. Dende Esquerda Unida denunciamos que a aplicación desta lei suporá o desmantelamento do modelo de ensino público que se foi conquistando durante décadas e a súa paulatina substitución por un sistema mercantilista, antidemocrático, centralista e regresivo.

EU segue sendo fiel ao seu irrenunciable compromiso coa escola pública e continuará a traballar, nas institucións e na sociedade, na defensa dun modelo de educación inclusivo, igualitario, laico, de calidade, gratuíto e democrático. Perante o maior ataque ao ensino público, demandamos a maior concentración de forzas. Por isto valoramos positivamente a convocatoria unitaria de folga, aínda que lamentamos que esta unidade non se dea nas mobilizacións programadas para o 24 de outubro. Pedímoslle á sociedade unha participación masiva en todos os actos programados pola defensa do futuro do noso país, que é a educación das nosas fillas e fillos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: