RUBÉN PÉREZ (ESQUERDA UNIDA): ERA SO CUESTIÓN DE TEMPO QUE AS ARBITRARIEDADES DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL SALTARAN PÚBLICAMENTE

Concello_de_VigoO COORDENADOR LOCAL DE EU LEMBRA QUE EU XA DENUNCIARA QUE AS BASES REGULADORAS DO PLAN DE EMPREGO ERAN UNHA TOMADURA DE PELO ABSOLUTO E QUE NON DEIXABAN CLARO A TRANSPARENCIA NO PROCESO DE CONTRATACIÓN.

EU denunciou no seu momento que en ningún parrafo se exise un proceso de contratación transparente ás organizacións destinatarias e lembra que, poñelo nunha web e recibir curriculums non garantiza que todos teñamos o mesmo nivel de acceso e oportunades ao posto de traballo que esta sendo financiado con cartos públicos.

EU lembra que nos primeiros plans de emprego xeneralizouse a figura do convenio para unha parte importante dos recursos do Plan e que, cando se modificaron as bases, a arbitrariedade na contratación seguía a estando presente.

EU non entendeu nunca como un dos requisitos para obter subvención do plan de emprego era “xustificar axudas neste área na convocatoria anterior” cando as axudas na convocatoria de 2012 eran a todas luces, recoñecido polos propios informes municipais, non recomendadas ao realizarse mediante convenios e non oferta pública.

Igualmente EU denunciaba porque somentes existen 10 días para presentar solicitudes por parte das asociacións, cando non existe urxencia tal unha vez orzamentada a partida para este Plan.

EU defende que o 100×100 dos recursos económicos do Plan señan consignados mediante fórmula de convocatoria pública eliminando a figura dos convenios con entidades salvo para os casos que realmente señan de emerxencia social.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: