ESQUERDA UNIDA PREGUNTARÁ NO CONGRESO DOS DEPUTADOS POLA SOCIEDADE DE INTERES DE CAPITAL VARIABLE (SICAV) DO DONO DE POVISA E CONSIDERA QUE SE ESTÁ DESCAPITALIZANDO POVISA PARA TAPAR OS BURACOS FINANCEIROS DE OUTRAS AVENTURAS DESTA FAMILIA

Considera absolutamente impresentable que a dirección de POVISA, por enésima vez, empregue as condicións laborais como arma arroxadiza contra a administración pública para xustificar incrementos no concerto co Sergas.

EU lembra que a SICAV TÍTULOS GALICIA con filiales en Illas Caimán e Madeira ten sido un fondo de enriquecemento da familia Silveira tributando ao 1% e que gran parte dese beneficio saíu do traballo da plantilla cuxas condicións laborais pretende agora rebaixar. Lembra que nesta SICAV ten invertidos máis de 2,6 millóns de euros.

O coordenador local de EU Rubén Pérez pregúntase que traspaso de recursos está acontecendo entre Remolcanosa, as aventuras inmobiliarias da familia, ou mesmo o feito de que o 18% da navieira Elcano esté participada por NGBanco que pretende desfacerse de algunhas participacións empresariais.

O coordenador lembra que este 2013 os directivos de POVISA subironse un 200% os seus salarios e que a empresa declarou beneficios polo que Traballo non ten argumentos para aprobar a proposta de descolgue de convenio proposta pola dirección da empresa

ESQUERDA UNIDA apoia de xeito decidido a folga dos traballadores e traballadoras do día 19 e pide a solidariedade de pacientes, usuarios dos servicios sanitarios e de tódala cidadanía da área sanitaria que atende o hospital privado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: