ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE A REFORMA DA LEI DE BASES DE RÉXIME LOCAL DESTROZARÁ OS SERVIZOS SOCIAIS E O CONCEPTO DE SERVICIO PÚBLICO EN VIGO

O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez rexistrou hoxe no rexistro do Concello de Vigo unha proposta de moción instando á defensa da autonomía local e a pedir a retirada da Reforma Local do PP aprobada no consello de ministros do venres pasado.

Rubén Pérez considera “extremadadamente grave” que segundo recolle esta lei un concello como o de Vigo non poda crear empresas públicas para xestionar a auga, o transporte ou mesmo os servizos sociais máis básicos. Estamos ante un “atentado ao municipalismo progresista” que ten que contar co rexeitamento colectivo do tecido social, sindical e veciñal da cidade.

Concello_de_VigoPara ESQUERDA UNIDA a reforma supón claramente o fin do municipalismo en numerosas vilas de Galicia e do conxunto do estado pretextando falsidades e argumentos falaces como a “reducción de costes” ou a “eliminación de duplicidades”. Estamos diante dunha reforma que atenta contra o cerne da democracia representativa e da participativa aquela que ten arraigo nos concellos máis pequenos, consolida a privatización dos servizos públicos municipais e favorece a iniciativa privada desenvolvendo o infumable artigo 105 da Constitución que prima o pago da débeda sobre calquera consideración política e social.

A reforma é mais cousas: a recentralización do funcionariado habilitado estatal, a insuficiencia financieira para a atención social e a desaparición dos servizos públicos de calidade. En definitiva é unha volta à tutela sobre os concellos imposibilitanto políticas públicas de progreso. Literalmente fai imposible a existencia dun Instituto Municipal de Vivenda e  está por ver o futuro da Mancomunidade ou de Emafesa, por exemplo.A reforma respira tutela dunha administración sobre outra. Ignora as competencias autonómicas sobre réxime local e despreza aos Concellos como parte do Estado en pé de igualdade coas demais administracións.

A intervención sobre a obsesión da sustentabilidade financeira percorre todos os aspectos normativos da devandita reforma. Fala de racionalizar a estrutura organizativa cando quere dicir privatizar servizos e entes instrumentais, e recoñece como un dos obxectivos o favorecer a iniciativa económica privada, evitando intervencións administrativas desproporcionadas. Aquí reside a clave de bóveda da reforma: enfraquecemento da democracia local a través da redución das súas competencias, anteposición dos principios financeiros neoliberais sobre calquera outra consideración na xestión municipal, intervención e fortalecemento dunha entidade decimonónica, asociada ao clientelismo e a falta de transparencia e control democrático, como son as Deputacións Provinciais, e privatización dos servizos públicos por esta nos municipios que perdan a titularidade das súas competencias. Chaman profesionalidade e transparencia á eliminación da política no ámbito local.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: