ESQUERDA UNIDA DE VIGO PIDE DE NOVO, URXENTEMENTE, UNHA COMISIÓN PERMANENTE OU CONSELLO LOCAL DE SEGUIMENTO DAS CONTRATAS MUNICIPAIS

O coordinador local de EU de Vigo, Rubén Pérez, considera que o feito de que pleno do Concello cree agora unha “comisión” para coñecer o estado da concesión do Auditorio Mar de Vigo, amosa que non existe nin seguimento continuo da explotación de servizos municipais en mans privadas nin se coñece se se están a cumplir plegos, prezos e outras condicións incluídas nos pregos concesionais.

Concello_de_VigoESQUERDA UNIDA xa propuxera en varias ocasións a creación dun CONSELLO LOCAL DE SEGUIMENTO DAS CONTRATAS MUNICIPAIS que integre ao goberno local, oposición, comités de empresa ou delegados sindicais, asociacións de veciños como usuarios e asociacións de consumidores como garantes da calidade do servizo.

Este consello realizaría unha labor complementaria da actual OFICINA DE SEGUIMENTO DE CONTRATACIÓN na que soamente teñen voz e decisión corporativos, dando unha voz á veciñanza ante os graves problemas laborais, dotacionais das contratas, incluso sería para o coordinador local de EU “un verdadeiro garante de que os pregos das concesións están a ser escrupulosamente cumpridos.

O coordinador local de EU cree que o “sobreprezo” que tivemos que pagar pola infraestrutura: orixinariamente cun proxecto de de 85,7 millóns (proxecto orixinal aprobado polo Goberno local en outubro de 2006) e que tivo un orzamento final de 154,5 millóns de euros, xustifica sen dúbida un seguimento continuo da explotación da infraestrutura así como se a explotación por parte da UTE dábase de acordo coas condicións incluídas nos pregos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: