RUBÉN PÉREZ, ESQUERDA UNIDA: “OS QUE DIN ESTAR EN CONTRA DOS CENTROS COMERCIAS COMO PORTO CABRAL, QUE PRESIONEN NO PLENO E EN XERENCIA DE URBANISMO PARA ANULAR O PLAN DE LIÑEIRIÑOS NO PXOM

Para EU é imprescindible anular o actual PXOM e redactar un novo pero, no entanto, comprería erradicar do mesmo o seu proxecto estrela, no seu día considerado o pulmón do PXOM polo equipo redactor de Consulora Galega contratada polo goberno do BNG.

EU considera, oportunismo puro e duro, defender a non presencia do proxecto de Eurofund en Cabral e seguir apostando polo PXOM que o permite. A irresponsabilidade de non artellar no seu día unha protección especial ao monte comunal de Cabral están a sufrila agora os veciños e veciñas da parroquia.

EU non entende porque ao monte comunal de Cabral non se lle pode asignar a mesma figura urbanística que outros montes do concellos, hoxe protexidos do urbanismo, no PXOM vixente.

Rubén Pérez lembra que este foi un dos motivos polos que ESQUERDA UNIDA denunciou o PXOM de Vigo e foi incluído no INFORME AUKEN do PARLAMENTO EUROPEO como exemplo de  que  “España sufriu unha destrución masiva na última década, xa que o cemento e o formigón saturaron esas rexións…o que constitúe unha perda tráxica e irreparable da súa identidade e legado culturais, así como da súa integridade ambiental, e todo iso principalmente pola avaricia e a conduta especulativa dalgunhas autoridades locais e membros do sector da construción que conseguiron sacar beneficios masivos destas actividades, ” que “todas as administracións, central, autonómicas e locais foron responsables de pór en marcha un modelo de desenvolvemento insostible” e que certa lasitude nos procesos xudiciais, non só complicou o problema, senón que tamén xerou unha forma endémica de corrupción”.

O propio informe AUKEN denuncia, como consideramos que pasa no caso de Liñeiriños “a falta de actuación e parcialidade da xustiza española” e que “hai moitos casos de terreos protexidos, ou terreos que deberían protexerse en vista da súa vulnerable biodiversidade, que se desclasifican e reclasifican, ou non se clasifican en absoluto, precisamente para permitir a urbanización da zona en cuestión”.

Denuncia que “as irracionais e cobizosas suposicións dos promotores inmobiliarios e urbanizadores, dan agora paso a unha terrible recesión no país” que “miles de asalariados do sector da construción que agora se enfrontan ao desemprego por culpa das políticas urbanísticas insostibles que se seguiron “, que “este modelo de crecemento ten consecuencias negativas tamén sobre o sector turístico” e que se trata dun modelo espoliador dos bens culturais”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: