ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE O CONCELLEIRO DE DEPORTES, MANEL FERNÁNDEZ, DEBERÍA DIMITIR DE INMEDIATO

traballadores_imdEU lembra que o 70% das instalacións deportivas da cidade non abren en fin de semana e as ligas infantís de fútbol teñen serios problemas para competir ante a inexistencia de plantilla adecuada no IMD. Igualmente fai responsable da súa cerrazón ao concelleiro no caso dos traballadores e traballadoras despedidos que, agora afortunadamente readmitidos, supoñen un sobrecuste de indemnizacións ao Concello.

ESQUERDA UNIDA de Vigo considera que a dimisión do concelleiro de deportes ten que darse pola lóxica do sentido común dunha xestión á fronte da concellaría ineficaz, baseada exclusivamente na política de reparto de subvencións e con serias deficiencias na adopción dun modelo de desenvolvemento de políticas de fomento do deporte de base e na protección dos clubes da cidade, algúns a piques de desaparecer durante a súa xestión.

Considera “extremadamente grave” a xestión do conflito laboral no IMD, máxime vindo dun home formado no sindicalismo de clase, porque neste conflito conflúen varios feitos de preocupación: a non existencia de contratación transparente da plantilla do IMD dende fai moitas lexislaturas, evitar de xeito obsesivo a convocatoria de emprego público para dotar aos edificios públicos de empregados públicos con contratación estable, e nesta última etapa: obviar o dereito laboral máis básico no tocante a despedimentos dende as administracións públicas.

EU considera que dous anos de silencio absoluto no pleno, unha actuación como concelleiro de deportes eclipsada polo “sempiternismo” do alcalde e a falla de políticas de fomento do deporte de base, son feitos que xustifican a súa dimisión.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: